Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
privatizacións
8/2/2012 Quere frear o proceso de privatizacións e recortes emprendidos polo goberno do PP
A Plataforma SOS Sanidade Pública vén de anunciar o inicio da recollida de sinaturas para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento de Galiza e frear a política de “recortes e privatizacións” do PP. A Plataforma, que terá que xuntar un mínimo de 15.000 sinaturas, quere preservar a xestión pública directa dos centros sanitarios, potenciar a Atención Primaria, a promoción da saúde como alternativa á crise e as áreas sanitarias como espazo para a planificación e a xestión dos recursos.
17/1/2012 No DOG deste mércores, 17 de xaneiro, anúnciase a licitación da xestión privada da escola infantil de Monteporreiro, en Pontevedra
A CIG-Ensino denunciou este mércores que a Xunta de Galiza vén de iniciar o proceso de privatización das novas escolas de educación infantil “Galiña Azul”, logo de publicar no DOG a licitación do centro de Monteporreiro (Pontevedra), desde a data de apertura, 1 de marzo de 2012, até o 31 de agosto de 2014. En outubro do pasado ano a Federación da CIG xa alertara publicamente de que o Goberno galego tiña a pretensión de privatizar 17 escolas infantís, todas elas de nova apertura.
16/12/2011 O mércores 21 de decembro, ás 11:30 horas, diante do Parlamento de Galiza
As federacións da área pública da CIG (Administración, Saúde e Ensino) veñen de anunciar a convocatoria dunha concentración de delegados/as ante o Parlamento de Galiza o vindeiro mércores día 21 de decembro, ás 11:30 horas, para manifestar o seu rexeitamento a uns orzamentos restritivos, que consolidan os recortes de servizos públicos e que afondan na rebaixa das retribucións dos/as traballadores/as do sector público.
16/11/2011 A Federación lembra ao Goberno galego que a calidade e sustentabilidade da sanidade pública non pasa pola privatización nin o aumento dos concertos
CIG-Saúde de Ferrol acaba de denunciar a diminución do cadro de persoal da Área Sanitaria, xa que administración non está a cubrir postos estruturais, mais pola contra está a incrementar o número de contratacións de xornada parcial en vez de cubrir os servizos a tempo completo. Isto supón, matizan, unha precarización das condicións laborais e unha diminución da calidade na prestación dos servizos sanitarios.
14/11/2011 O traballo, que analiza as consecuencias da privatización sobre a economía galega, contén entrevistas a Clodomiro Montero, Xavier Vence e Carlos Aymerich
A Fesga-Fundación Moncho Reboiras presenta unha reportaxe de 12 minutos de duración na que se abordan as consecuencias da privatización das caixas galegas sobre a economía do noso país. Conta coas entrevistas a Xavier Vence (catedrático de Economía Aplicada na USC), Clodomiro Montero (secretario nacional da CIG-Banca e Aforro) e máis a Carlos Aymerich (portavoz do BNG no Parlamento galego).
27/4/2011 Alerta de que tras das declaracións de Núñez Feijóo e de Mato agóchase a intención de privatizar os servizos sociais públicos e exixe a súa rectificación
A CIG-Administración vén de alertar da intención da Xunta de Galiza de privatizar servizos sociais públicos e de xustificar esa decisión desacreditando o traballo que desenvolven os empregados e empregadas públicos/as. Denuncia ademais que a administración autolimita a súa capacidade de contar con persoal propio fixando unha taxa de reposición de efectivos do 10%, “auto-prohibíndose a través da lei de Orzamentos a posibilidade de contratar persoal interino ou temporal”.
1/12/2010 A central critica que o goberno volva ceder ás presións da oligarquía e apure o desmantelamento do Estado para favorecer o negocio dos especuladores
A CIG rexeita o novo paquete de medidas “contra a crise” anunciadas na mañá deste mércores polo presidente do goberno español, xa que continúan na liña das políticas de recorte de dereitos e privatizacións. En palabras do Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, o PSOE volve amosarse como un “fiel defensor do modelo neoliberal”, adoptando políticas que afondan aínda máis nese modelo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com