24/1/2011
A CIG-Ensino advirte dos recortes previstos polo goberno español e lamenta o desinterese amosado pola Consellaría de Educación
A CIG–Ensino, entregou hoxe, 24 de xaneiro, no rexistro da Xunta de Galiza, 8.703 sinaturas do profesorado galego, esixindo o mantemento do dereito a xubilarse anticipadamente. A Federación do Ensino advirte que este dereito, que se vén prorrogando dende que se recolleu na LOXSE de 1991, está agora en perigo polos recortes que o goberno español ten previsto para as pensións e que grazas a súa aplicación se puideron realizar importantes ofertas de emprego nos últimos anos.
17/6/2010
A Comisión de Centro critica que a xerencia ignore á representación dos traballadores/as
As asembleas de traballadores e traballadoras realizadas nos distintos centros que integran o Complexo Hospitalario Universitario de Compostela (CHUS) acordaron iniciar unha recollida de sinaturas para denunciar a política de recortes nas condicións laborais e a falta de diálogo por parte da dirección.
26/2/2010
Até o momento recolléronse máis de 15.000 sinaturas contra o peche deste centro asistencial
O persoal da Cruz Vermella de Vigo entregou o venres 26 de febreiro mais de oito mil sinaturas na Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde en Vigo en protesta polo peche do centro asistencial. Estas sinaturas somadas ás mais de seis mil apresentadas anteriormente suman un total de case quince mil recollidas ata o momento.
16/12/2009
O manifesto solidario pódese asinar a través da páxina web da Confederación
A CIG vén de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas entre traballadores/as, seccións sindicais, comités de empresa e sindicatos en solidariedade coa activista saharauí Aminetu Haidar na súa loita pola Soberanía do Sáhara Occidental. O manifesto de apoio pódese asinar dixitalmente a través da web da CIG pinchando no banner superior da páxina de inicio ou a través do enlace que atoparás ao final desta nova.
6/6/2008
As rúbricas van dirixidas á Xunta, Deputación e Concello
O comité de empresa provincial da Cruz Vermella de A Coruña rexistrou, o 6 de xuño no Edificio Administrativo da Xunta na cidade, as dúas mil sinaturas de apoio que recolleu nas últimas semanas e que solicitan a dignificación dos salarios dos traballadores da institución.
28/2/2008
Exixen que se cumpra a lexislación laboral e se faga indefinido a este persoal
Traballadores/as de Tragsega apoiados polos delegados/as de persoal de Tragsega Galiza, concentráronse en Ourense ante o restaurante Carballal, aproveitando a celebración da Conferencia-almorzo organizada polo Foro Nueva Economía, na que participaban a ministra de Agricultura, Elena Espinosa, e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para transmitirlles a situación laboral de indefensión legal na que se atopan e demandar solucións.
15/1/2008
Convocan unha concentración diante da oficina o sábado 19 de xaneiro ás 13:00 horas
En xaneiro de 2005, Correos entregou, aos traballadores de Correos de Teo, unha proposta de reforma baseada nun estudo feito no ano 2004, que estabelecía a necesidade de aumentar o cadro de persoal de Correos en Teo en 3,5 persoas máis. Malia o tempo transcorrido ese incremento non se efectivizou. O sector de Correos da CIG denuncia esta situación e o mal funcionamento do servizo na actualidade.