25/11/2009
Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O día 25 de novembro, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, CIG, CCOO, UGT e STEG levaron a cabo unha concentración diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, co obxectivo de denunciar a actitude da administración educativa que acordou subvencionar aos centros do Opus Dei que segregan ao alumnado por razóns de sexo, a pesares de que o anterior goberno tivera informado negativamente ditos concertos debido a que incumprían a lexislación educativa vixente.
2/9/2009
A CIG-Ensino presenta recurso contra unha medida que destinará 258 millóns de euros anuais ao ensino privado
A CIG-Ensino presentou recurso contencioso-administrativo contra a Consellaría por infrinxir a lei ao financiar o ensino que segrega o alumnado por razóns de sexo. A CIG-Ensino denuncia a ilegalidade que vén de perpetrar a Consellaría de Educación ao aprobar a concesión de concertos educativos a centros que segregan o alumnado por razón de sexo e conseguintemente presentou un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal de Xustiza de Galiza e contra esta resolución. Os centros agraciados que se lles subvención totalmente o ensino son centros ligados ao OPUS en concerto: Las Acacias, o Monte Castelao e Aloya, en Vigo, e Montespiño e Peñarredonda na Coruña.
7/8/2009
Disporán de preto de 3 millóns de euros para promover un ensino sexista e reaccionario
A CIG-Ensino denuncia a ilegalidade que vén de perpetrar a Consellaría de Educación ao aprobar a concesión de concertos educativos a centros que segregan o alumnado por razón de sexo e anuncia a presentación dun recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal de Xustiza de Galiza contra esta resolución. Os centros agraciados aos que se lles subvenciona totalmente o ensino son centros ligados ao OPUS Dei en concerto: Las Acacias, Monte Castelao e Aloya, en Vigo, e Montespiño e Peñarredonda na Coruña.
14/11/2008
Reciben máis de 2.000.000 de euros
A CIG-Ensino
denuncia que a consellaría de Educación mantén os concertos educativos con
cinco centros do OPUS DEI que reciben subvencións de máis de 2.000.000 de euros
malia segregar o alumnado por razóns de sexo. A Consellaría
xustificou a súa posición de non actuar até o curso vindeiro por falta de
probas, cando os mesmos responsábeis destes centros e nas súas páxinas webs
recoñecen que impediron a matrícula de nenos e nenas no mesmo centro.
29/9/2008
Las Acacias, Montecastelo, Aloya, Montespiño ou Peñaronda son algúns deles
A CIG-Ensino vén de presentar contencioso administrativo en
contra da Orde, publicada no DOG o 27 de agosto de 2008, pola Consellaría de
Educación, pola que se subscriben e se modifican os concertos educativos cos
centros docentes privados, limitando este contencioso a centros que segregan o
alumnado, impedindo a escolarización mixta (Las Acacias, Montecastelo e Aloya
en Vigo; Montespiño e Peñarredonda na Coruña, etc).