3/11/2011
Dende a central nacionalista instan á Administración e á Inspección de Traballo a impedir que se siga a dilapidar diñeiro público na súa aplicación
Arredor
de medio cento de delegados e delegadas da CIG en empresas da
automoción concentráronse esta mañá diante da sede da Xunta de
Galiza en Vigo para rexeitar a autorización masiva de Expedientes de
Regulación de Emprego no sector sen que existan razóns obxectivas.
Dende a Coordinadora do Automóbil da central nacionalista instan á
Administración autonómica e á Inspección de Traballo a velar
polos intereses dos traballadores/as e impedir que se sigan a
utilizar fondos públicos na aplicación dos EREs.
20/9/2011
Delegados/as da automoción concentráronse no Ceaga en Vigo para esixirlle o cumprimento da normativa en materia de saúde laboral
Máis dun
cento de delegados/as da CIG en empresas da automoción participaron
hoxe nunha xornada técnica sobre saúde laboral que serviu para
iniciar unha campaña contra o non recoñecemento de enfermidades
profesionais por parte das mutuas médicas. Ao remate da sesión
desprezáronse até a sede do Cluster de Empresas de Automoción de
Galicia (Ceaga), na avenida Citröen de Vigo, para realizar unha
concentración coa que esixiron o cumprimento da normativa en materia
de saúde laboral nas compañías asociadas.
20/9/2011
Mantiveron unha xuntanza co xefe da autoridade laboral para reclamarlle unha mediación activa no conflito coa compañía de automoción
O cadro
de persoal de Treves Pontevedra aproveitou a primeira xornada de
folga para realizar unha concentración de protesta diante da
Inspección de Traballo en Vigo co obxectivo de reclamar unha
mediación activa no conflito laboral coa empresa de automoción.
A decisión de convocar un paro que terá continuidade este xoves
adoptouse para esixir carga de traballo
que permita o mantemento de todos os empregos e para denunciar que a
dirección négase a publicar como convenio o acordo laboral acadado
tras as mobilizacións de febreiro.
16/9/2011
Os traballadores/as manteñen as dúas xornadas de folga para rexeitar despedimentos e reclamar a publicación do convenio
O comité de empresa de Treves
Pontevedra denunciou o que considera un peche patronal despois de que
a produción da compañía con sede no polígono do Campiño
permanecese suspendida por orde da dirección ante os problemas de
subministro que sofre Citröen. Dende a CIG denuncian que o peche
produciuse sen que se tivese respectado a obrigación de comunicalo
con tres días de antelación e reiteran que manteñen a convocatoria
de folga para a semana que vén.
8/7/2011
A firma con sede no polígono vigués de Valadares aceptou cuestións como o incremento salarial ou a redución de xornada laboral
Os
traballadores e traballadoras de Denso decidiron hoxe en asemblea
desconvocar a folga indefinida que mantiñan dende o pasado luns para
protestar polo bloqueo nas negociacións do convenio. A fin do
conflito foi posíbel despois de que a empresa aceptase as propostas
de incremento salarial, redución de xornada ou o 100% no caso de
baixa por accidente laboral ou enfermidade profesional, ademais de
comprometerse a facer fixos a un grupo de 15 empregados/as en tres
anos.
4/7/2011
Os traballadores/as da empresa da automoción con sede en Vigo reclaman un convenio xusto
A práctica totalidade do cadro de persoal da empresa de compoñentes para
a automoción Denso secundaron a primeira xornada de folga convocada
polo comité de empresa (CIG, UGT e CCOO) para protestar polo bloqueo nas
negociacións do convenio colectivo. Os arredor de 220 traballadores e
traballadores permanecen concentrados ás portas da compañía no polígono
industrial de Valadares. O secretario comarcal do Metal e o voceito da
coordenadora do Automóbil da CIG achegáronse ao lugar para amosarlles a
súa solidariedade. Os traballadores/as anunciaron que manterán a
protesta até que as súas demandas sexan atendidas.
28/6/2011
A compañía da automoción amósase intransixente en temas como o incremento salarial, redución de xornada e complemento por baixa
Os tres
sindicatos con representación no comité de empresa de Denso
Sistemas Térmicos (CIG, CCOO e UGT) anunciaron hoxe a convocatoria
de folga indefinida ante a intransixencia da firma da automoción na
negociación do convenio colectivo. A decisión do paro, que entrará
en vigor a partir das 00.00 horas do vindeiro luns, adoptouse tras a
negativa da dirección a chegar a un acordo en aspectos como o
incremento salarial, a redución de xornada e o complemento de baixas
por accidente laboral ou enfermidade profesional.