8/10/2008
Anúncianse as mobilizacións contra a crise económica para o 13 de novembro
Delegados e delegadas da CIG concentráronse de forma simultánea nas sete cidades galegas e na Mariña para manifestar a súa oposición ás modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Nas asembleas previas anunciouse tamén a posta en marcha da campaña contra a crise económica e alertouse do intento de rematar coa exclusividade dos médicos da sanidade pública pola vía de xeneralizar o complemento específico que, até o de agora, reciben aqueles que só traballan no sistema público.