18/10/2011
Delegados/as e sindicalistas protagonizan un acto simbólico para denunciar que a emigración é a única alternativa da clase obreira da comarca
A Unión Comarcal da CIG de Ferrol protagonizaba este martes unha curiosa acción de protesta a bordo dunha embarcación que se desprazaba pola ría transmitindo a mensaxe de que “Si, existen alternativas” e na “Defensa do emprego e dos Servizos Públicos”. O acto, que terá continuidade o xoves cunha asemblea aberta no auditorio Torrente Ballester, enmárcase na campaña nacional que a central sindical está a desenvolver en demanda dun novo modelo económico e social.
13/10/2011
A central sindical alerta da precarización das condicións de traballo e do elevado número de regulacións de emprego que afectan á comarca
A CIG celebrou na tarde deste xoves en Burela unha asemblea comarcal de delegadas e delegados sindicais. Na mesma abordáronse os distintos conflitos que a día de hoxe marcan a delicada situación do mercado laboral na comarca e presentáronse as alternativas que a central sindical contempla como imprescindíbeis para mudar o modelo económico actual e, polo tanto, esta situación.
13/10/2011
A Unión Comarcal organiza un percorrido en barco pola ría para simbolizar o drama da emigración e unha asemblea aberta no Cantón de Molíns
A Unión Comarcal da CIG de Ferrol anunciaba en rolda de prensa esta mañá os actos que vai desenvolver nos vindeiros días con motivo da campaña nacional “Si, existen alternativas. En defensa do emprego e dos servizos públicos”. A Unión Comarcal ten organizada unha “marcha” simbólica en barco pola ría, para representar a problemática do desemprego que deixa a emigración como única saída, unha asemblea aberta e unha xornada dedicada á mocidade .
8/10/2008
Anúncianse as mobilizacións contra a crise económica para o 13 de novembro
Delegados e delegadas da CIG concentráronse de forma simultánea nas sete cidades galegas e na Mariña para manifestar a súa oposición ás modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Nas asembleas previas anunciouse tamén a posta en marcha da campaña contra a crise económica e alertouse do intento de rematar coa exclusividade dos médicos da sanidade pública pola vía de xeneralizar o complemento específico que, até o de agora, reciben aqueles que só traballan no sistema público.