10/2/2012
Durante 2010, o 27% das persoas asalariadas en Galiza percibiron como máximo o SMI e un 15% apenas a metade deste
A crise, que Galiza padece con especial virulencia, está a provocar que
as diferenzas de renda existentes entre a clase asalariada se agudicen,
chegando a ser “escandalosas”. Así se recolle no traballo realizado por
Natividade López Gromaz, responsábel do Gabinete Técnico de Economía, a partir
dos últimos datos feitos públicos pola Axencia Tributaria, correspondentes ao
ano 2010. Destes datos tírase ademais que a mocidade é a máis prexudicada,
porque alén de baixos salarios, soporta unhas taxas de paro intolerábeis e
contratos de escasa duración. Reproducimos, de seguido, esta análise.
7/11/2011
A central nacionalista critica que a reforma laboral só serviu para incrementar a precariedade
No mes de outubro
realizáronse en Ourense 4.599 contratos, dos que 4.188 (91.06%)
foron temporais. Só 411 fixéronse baixo a modalidade de contrato
indefinido . Así mesmo, o número de contratacións descenderon con
respecto ao mes de setembro en 283, e 765 en comparación co mes
de outubro do ano pasado.
24/8/2011
Suso Seixo asegura que só beneficiarán ás empresas e adianta que a CIG continuará a mobilizarse para dar resposta aos constantes ataques contra a clase traballadora
A CIG cualifica como “altamente negativas” as
medidas aprobadas polo Executivo no Consello de Ministros do pasado venres.
Medidas que o secretario
xeral, Suso Seixo, considera que van na liña do xa aprobado
na reforma laboral, que pretenden unicamente “facilitar o despedimento,
proporcionar ás empresas man de obra barata” e que denotan a “intencionalidade
e a ideoloxía neoliberal do goberno”. Diante destes ataques á clase
traballadora a CIG anuncia que continuará a mobilizarse para dar a estas medidas a resposta que
merecen.
2/8/2011
A consellaría de Medio Rural está a infrinxir a Lei de Prevención de Riscos no que respecta aos equipos de protección individual (EPI)
A CIG-Administración vén de denunciar as condicións de traballo que
padecen os traballadores e traballadoras do Servizo de Prevención e Defensa
contra Incendios Forestais (SPDIF). Persoal que xa estaba afectado polo
anunciado Plan de Recorte de postos de traballo anunciado pola consellaría de
Medio Rural e que xa foran denunciados en diversas ocasións pola CIG.
19/7/2011
Realizaron tamén unha concentración diante da empresa en Santiago para lembrar a imposibilidade de manter o servizo tras o despedimento do 20% do persoal
Os traballadores e
traballadoras de MeteoGalicia realizaron hoxe un paro de media hora e unha
nova concentración de protesta para solicitar a readmisión
inmediata dos compañeiros/as despedidos o 30 de xuño,
logo de que a firma que xestiona o servizo, Tragsatec, esgrimira
“motivos de aforro económico”. O colectivo de traballadores/as
considera que este argumento “carece de fundamento” e que o que
incrementa os gastos “é manter o servizo a través de Tragsatec”
xa que se trata dun “verdadeiro desperdicio de diñeiro público”.
14/7/2011
Responsábeis da compañía mantiveron unha reunión coa Plataforma Tecnolóxica das TIC 'Vindeira' para ofrecerlles novos servizos
Arredor de 30
traballadores/as de Meteogalicia e sindicalistas da CIG
concentráronse hoxe diante da o edificio do CESGA, no Campus Sur de
Santiago de Compostela, onde se reunía varios membro da Plataforma
Tecnolóxica das TIC “Vindeira” convocados pola empresa de
predición meteorolóxica. A reunión fora proposta por Meteogalicia
para ofrecer ás TIC's novos servizos. Sen embargo, os
traballadores/as aproveitaron a xuntanza para denunciar que coa
redución do cadro de persoal “dificilmente se poida manter os
servizos que se veñen prestando até o de agora”.
11/7/2011
Solicitan unha entrevista co conselleiro para abordar a precariedade laboral existente no servizo de predición
Arredor de medio cento de persoas participaron hoxe na concentración
convocada diante da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de
Compostela para rexeitar os despedimentos en Meteogalicia.
Representantes sindicais entregaron por rexistro un escrito
solicitando unha xuntanza co conselleiro para explicarlle a
precariedade que se vive no servizo tras o desmantelamento do 20% do
seu cadro de persoal.