28/5/2010
A CIG-Metal anunciou que trasladará as reivindicacións ás distintas sedes das compañías do grupo en Vigo
Os
15 traballadores de Marinships iniciaron as mobilizacións para
protestar polo Expediente de Regulación de Emprego (ERE) proposto
pola empresa para 10 compañeiros despois de terse declarado en
suspensión de pagos. A primeira das accións reivindicativas do
calendario previsto para os vindeiros días consistiu nunha
concentración diante das instalacións que a compañía de
compoñentes eléctricos posúe en Marín.
22/3/2010
6 traballadoras/es serán despedidas o 1 de abril
No CPI de Panxón, limpan 6 traballadores/as da contrata Limpezas Germania e 8 camareiras limpadoras da Consellería de Educación. Dita Consellería, comunicoulle a Empresa Limpezas Germania, o remate do seu contrato no CPI de Panxón o día 1 de abril do corrente, eliminando o servizo de limpeza privado e solucionando dita situación só coas camareiras limpadoras.
10/2/2010
Denunciaron a situación tamén diante da Inspección
Desde as 14 da tarde e até perto das 15 da tarde 70s traballadores e traballadoras da empresa de transformación da pedra Levantina dunha das quendas de traballo desta firma concentráronse para amosar o seu rexeitamento ao que está a acontecer nesta empresa.
19/11/2009
Esta empresa recibiu numerosas subvencións e agora desvia produción e maquinaria cara a súa filial en Valença
Os traballadores/as de PGA Antolín do Porriño decidiron parar xa as horas extras e facer concentracións no exterior da fábrica na hora do bocadillo a próxima semana para denunciar o desvio da produción a Portugal, que conlevara a destrución de 16 postos de traballo de eventuais, e a desaparición do proxecto de Renault para esta planta, e sen novos proxectos nin compromisos para PGA Antolín no Porriño, e mesmo o desvio de maquinaria para Portugal, despois de ser unha empresa que recebera numerosas subvencións dos gobernos ao longo do ano e ser record en vendas.
15/10/2008
Traballaban en exclusiva para Rodman, en Moaña
A empresa auxiliar do sector naval Celso Román Electricidade, que traballaba en exclusiva para o estaleiro Rodman Polyships en Moaña, entregou o martes 14 de outubro as cartas de despedimento a todos os traballadores, un total de 49 por “problemas económicos”. Este mércores concentrábanse ás portas deste estaleiro os traballadores demandando o pago dos salarios adebedados, asi como a recolocación no sector naval de todos e cada un dos despedidos.