Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
peche
10/2/2012 A decisión adoptada polo consello do principal acredor contempla a quita do 80% da débeda
O consello da sociedade Pequeños y Medianos Astilleros en Reconversión (Pymar) decidiu por ampla maioría adherirse ao convenio de Vulcano, o que abre unha porta á supervivencia do estaleiro vigués, que evita deste xeito ter que ir á liquidación da empresa. O acordo contempla a quita do 80% da débeda do estaleiro con sede no barrio de Teis.
9/2/2012 O comité de empresa desprazouse até Madrid, cidade na que este venres se vai tomar a decisión
Os traballadores do estaleiro vigués Vulcano iniciaron este mediodía un peche no interior das instalacións que manterán até que se coñeza se a sociedade Pequeños y Medianos Astilleros en Reconversión (Pymar) acepta a quita do 80% das débedas do estaleiro. O encerro manterase mentres o comité de empresa non regrese de Madrid coa resolución do consello de Pymar. Os afectados tamén percorreron a rúa Sanjurjo Badía en manifestación.
13/1/2012 Os traballadores e traballadoras fan un chamamento á cidadanía a participar na concentración do domingo contra as “falsidades” do Concello
Os sindicalistas da CIG e UGT que o mércores ás 10 da mañá iniciaron un peche no alto da Torre de Hércules acordaron continuar adiante coa medida de presión “aínda con máis forza”, logo de coñeceren que as obras previstas son de entidade menor e poderían realizarse co faro aberto ao público.
11/1/2012 Demandan do Concello que garanta a subrogación do persoal e achegue información veraz sobre o tempo que o edificio permanecerá cerrado
Un sindicalista da CIG e outro da UGT permanecen pechados dende ás 10 da mañá deste mércores no alto da Torre de Hércules en rexeitamento á decisión do Concello de pechar o faro temporalmente e despedir aos/ás 13 empregados que até agora se viñan ocupando das tarefas de limpeza, mantemento e atención ao público, sen garantirlle que serán subrogados unha vez se adxudique a nova contrata.
14/12/2011 Reclamaban una entrevista co conselleiro e pretestaban contra os recortes do ensino público
A policía desaloxaba, case ás tres da tarde, aos delegados/as da CIG-Ensino e doutras organizacións sindicais pechados desde as 11:30 horas na Consellaría de Educación e noutras dependencias da Xunta de Galiza. Co peche pretendían ser recibidos polo conselleiro e denunciar os recortes que está a padecer o ensino público, fronte ás contiosas subvencións que recibe o ensino privado.
10/11/2011 A CIG denuncia que a falta de vontade política do Goberno e da Xunta está a impedir a posta en marcha dun sistema alternativo ao tax lease
Traballadores/as e delegados/as sindicais da CIG en distintas empresas do sector naval da Ría de Vigo protagonizaron hoxe un peche reivindicativo no Concello para reclamar unha solución á grave crise que padece unha industria fundamental para a economía da comarca. Dende a central nacionalista denuncian que a falta de vontade política do Goberno español e da Xunta de Galiza está a impedir a posta en marcha dun sistema alternativo ás bonificacións fiscais coñecidas como tax leax e animan aos demais empregados/as do sector a participar nunhas mobilizacións que terán continuidade nos vindeiros días.
29/9/2011 Esixen a readmisión do compañeiro despedido nas oficinas da empresa e non descartan a convocatoria de folga
Os traballadores/as de Isolux Naval de Vigo concentráronse hoxe ás portas de Metalships, empresa para a que realizan labores, nunha nova mobilización coa que reclaman a readmisión dun compañeiro despedido. A protesta, na que tamén participaron en sinal de solidariedade membros do comité e empregados/as de Metalships, desenvolveuse entre de 14.00 a 15.00 horas á entrada do estaleiro en Teis. 
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com