4/2/2010
Contra o ataque aos dereitos das traballadoras/es
A comarca de Ourense da CIG emitiu un comunicado no que subliña que "as declaracións feitas por Adolfo Dominguez no Foro
Europa, son un insulto a todo os traballadores e traballadoras e poñen de manifesto, unha vez máis, a personaxe cavernícola que
se esconde detrás deste empresario".
22/10/2008
A CIG denuncia as ameazas e a chantaxe do empresario
O empresario Adolfo Domínguez propuxo "a conxelación salarial para 2009" a cincocentos traballadores das súas catro plantas de Ourense. Na rolda de prensa ofrecida pola CIG o martes 21 de outubro informouse que o empresario da moda galega realizou primeiro esta proposta ao comité de empresa, no que a CIG conta coa maioría das delegadas/os, que amosou o seu “total rexeitamento”. A semana pasada, despois de chamar “ignorantes” á representación sindical, Domínguez volveu propor esta conxelación ás empregadas e empregados en asembleas, baixo a ameaza de despidos e da crise.