3/7/2009
Os empregados denunciaran que padecían "acoso laboral" por defender o uso do galego no seu traballo
Os tres traballadores da Capitanía Marítima de Burela que o pasado mes de maio denunciaran publicamente a situación de “acoso laboral” e “discriminación” que padecían por, entroutros, reclamaren “o seu dereito ao uso do galego no exercicio das súas funcións”, fixeron público na mañá do 3 de xuño un informe emitido pola Avogacía do Estado que “respalda xuridicamente” as súas demandas e demostra que estas “entran no marco da legalidade vixente”.
9/12/2008
O programa para a aprendizaxe do galego é a actividade central dun proxecto entre Galiza, Frisia, Francia e Grecia
O programa de
Voluntariado de Activación Lingüística (VAL), impulsado pola Mesa pola
Normalización Lingüística e que desde o comezo contou coa colaboración da Dirección
Xeral de Xuventude e Solidariedade, acaba de recibir un forte impulso por parte
da Unión Europea. Recoñecido agora como un referente a nivel continental, o
voluntariado da lingua galega é a actividade central do proxecto denominado Volangteer-Learning Regional Lenguages through Volunteers, que se
desenvolverá até 2010, no cal colaboran tamén representantes de Frisia, Francia
e Grecia e que conta cunha axuda de 400.000 euros por parte da Unión Europea.
1/12/2008
Un órgano interministerial tomará como referente as queixas achegadas polo colectivo para adoptar medidas correctoras
O Consello das Linguas Oficiais na Administración
Xeral do Estado, un órgano interministerial creado en 2007, vai utilizar os
expedientes de queixa que lle remitiu A Mesa pola Normalización Lingüística
para avaliar o grao de aplicación en Galiza da normativa vixente en materia
idiomática. O presidente deste colectivo cidadán, Carlos Callón, amosa a súa
“satisfacción pola predisposición positiva manifestada polo Goberno español” e
agarda que se “adopten con dilixencia as medidas correctoras, posto que a
Administración do Estado non pode continuar a actuar como se a lingua galega
non existise”.
26/11/2008
A Mocidade pola Normalización Lingüística sinalou que o paro foi seguido maioritariamente a pesar de “coaccións puntuais”
Máis dun 75% por cento do alumnado de segundo ciclo da ESO, ciclos
formativos e Bacharelato secundou o paro estudantil convocado o 26 de novemebro
pola Mocidade pola Normalización Lingüística e apoiado por Galiza Nova e
Comités baixo o lema “Paremos as agresións contra o galego”. Por etapas, o
seguimento foi maior no bacharelato e FP, en practicamente todos os casos
superando o oitenta por cento do alumnado.
25/11/2008
Demandan que se respecto o dereito a recibir unha educación de calidade en lingua galega
A Mocidade pola Normalización Lingüística,
Galiza Nova e Comités fixeron un chamamento ao Valedor do Pobo, Benigno López,
para que actúe ante o flagrante incumprimento do decreto 124/2007, polo que se
regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. O responsábel nacional da Mocidade pola
Normalización, Fran Rei, recordoulle a Benigno López que “o Valedor está para velar polo
cumprimento das leis que xa existen e non para dar abeiro a hipotéticas
reclamacións dos que non queren que se cumpran”.
18/11/2008
A asociación en defensa da lingua insta á Inspección de Traballo a actuar
A Mesa pola
Normalización Lingüística acaba de denunciar un novo caso de discriminación
lingüística no eido do traballo: a granxa escola ‘El Kiriko’, situada en
Fornelos de Montes, prohíbe aos seus empregados usar o galego. Esta grave
ilegalidade fica demostrada nun documento escrito de normas para o persoal
educativo da granxa, na cal se especifica, literalmente, que “el idioma
empleado en el trabajo será el castellano salvo excepciones que serán
previamente comunicadas”. Tal escrito está dentro dunha liña de actuación
hostil contra o galego por parte da empresa.