6/3/2009
As traballadoras da antiga Valeo e da Conserveira Pérez Lafuente recibiron unha mención especial pola súa continuada loita
A Secretaría da
Muller da CIG vén de conceder o premio do Día da Muller Traballadora, na súa III
Edición, á presidenta do Comité de Empresa de Lorenzo Froiz, Lucía Freire,
vítima de represión sindical e quen se tivo que enfrontar a unha querela
criminal presentada pola empresa, acusándoa de falsa testemuña ao declarar a
favor dunha compañeira que fora sancionada. O premio foi entregado pola
secretaria de Muller, María do Carme López Santamariña, nun acto no que tamén
recibiron unha especial mención pola súa loita e valentía o conxunto das
traballadoras da antiga Valeo e da Conserveira Pérez Lafuente. Vídeo no interior da nova.
27/1/2009
Lucía Freire fora denunciada no Xulgado do Penal por unha falsa testemuña que nunca se produciu
A presión dos traballadores e traballadoras e a negociación posterior volveron
dar os seus froitos ao conseguirse a retirada da querela interposta por un dos
socios de Lorenzo Froiz, do Grupo Froiz, contra a presidenta do Comité. Esta
querela foi entendida polo cadro de persoal como unha sanción encuberta e un
aviso para que ninguén fora declarar a favor de compañeiros en casos similares.
4/11/2008
Os traballadores constatan que están dispostos a enfrontarse á represión
A CIG valora moi positivamente o seguimento da
folga convocada para este luns día 3 de novembro en Lorenzo Froiz, do Grupo
Froiz. Con esta mobilización as traballadoras manifestaron a súa intención de
responder con contundencia a todas as agresións e abusos que se produzan por
parte da empresa. Nesta ocasión a sanción encuberta á presidenta do Comité Lucía
Freire foi interpretada como unha agresión a todas as traballadoras e
traballadores o que posibilitou unha participación tan masiva na xornada de
folga.
24/10/2008
Concentración o venres 24 de outubro de denuncia
O venres 24 de outubro celebrouse unha concentración na que participaron máis de 70 delegados e delegadas para denunciar a sanción encuberta á nosa compañeira Lucía Freire, presidenta do Comité de Empresa de Lorenzo Froiz, pertencente ao Grupo Froiz. A empresa ven de presentar querela criminal contra a presidenta do Comité acusándoa de falsa testemuña ao declarar a favor dunha compañeira que fora sancionada.