Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
folga indefinida
28/6/2011 O paro farase efectivo dende ás 21:00 horas
O Comité de Albada acordou, durante a xuntanza celebrada esta tarde no edificio de sindicatos, convocar folga indefinida na planta de tratamento de residuos urbanos de Nostián, a partir das 21:00 horas do próximo domingo 10 de xullo.
15/2/2011 As mobilizacións na auxiliar da automoción pontevedresa continuarán até que se retire o ERE e se asine un novo convenio
Os traballadores e traballadoras da empresa pontevedresa Treves Galicia decidiron en asemblea continuar coa folga indefinida que manteñen dende o pasado martes día 8 de febreiro para reclamar a sinatura do convenio. As mobilizacións continuarán até que a auxiliar da automoción con sede no polígono do Campiño desbote a ERE extintivo que afecta a 47 persoas unha vez que os empregados/as rexeitaron a proposta da dirección de non facelo efectivo a cambio dunha conxelación salarial.
17/12/2010 A CIG denunciou ante a Inspección de Traballo a vulneración do dereito a folga por parte de responsábeis da área sanitaria
O persoal de Ambulancias Emersán Galicia continúa adiante coa folga indefinida iniciada o pasado martes en contra da política regresiva da empresa e contra dos incumprimentos reiterados das medidas de prevención e das condicións da contrata. Así mesmo, a CIG denunciou o xoves as actuacións realizadas por algúns/has xefes da área sanitaria de Ferrol, xa que estaban asumindo funcións propias do persoal en folga.
10/12/2010 O acordo, que se asinará o luns día 13, inclúe a negociación do horario das limpadoras no convenio e o aumento de horas para as mulleres que o precisen para a xubilación
As traballadoras de limpeza dos colexios públicos de Vigo acordaron desconvocar a folga indefinida, como mostra de boa vontade e de disposición de diálogo logo de que, tras 23 días, na tarde deste xoves día 9 e no decurso da mañá deste venres día 10 de decembro se celebrara unha negociación que abre a posibilidade de chegar a un acordo entre as partes.
10/12/2010 Contra a política disciplinaria e os reiterados incumprimentos en materia de prevención de riscos e das condicións estipuladas na contrata co Sergas
A FGAMT-CIG vén de comunicar que a partir do vindeiro 14 de decembro, os traballadores e traballadoras de ambulancias EMERSAN Galicia iniciarán unha folga indefinida en contra da política disciplinaria practicada pola empresa.
26/11/2010 A CIG-Servizos censura a actitude dos reponsábeis municipais, que veñen de rexeitar unha petición para intervir no vindeiro pleno
As traballadoras encargadas da limpeza dos colexios públicos de Vigo, en folga dende o día 15, denuncian a discriminación á que están a ser sometidas pola súa condición de mulleres, xa que os responsábeis da empresa rexeitan a súa euiparación laboral cos compañeiros homes. Sosteñen que se negan a aumentarlles a xornada laboral (a maioría traballa a tempo parcial e fai unha media de catro horas diarias) mentres contratan cristaleiros a xornada completa.
17/11/2010 Dende o mércores manteñen unha folga indefinida para reclamar melloras laborais
As limpadoras/es dos colexios públicos de Vigo, que se atopan en folga indefinida para reclamar melloras laborais, permaneceron toda a mañá deste xoves 18 pechadas na Concellería de Educación, no edificio do antigo reitorado da Universidade, para reclamar unha solución ao conflito. Alí berraron consignas como "Mulleres seremos pero na casa non nos quedaremos" ou "Solución á nosa xubilación" e reclaman a dimisión da concelleira de Educación viguesa. As afectadas/os rexeitan os servizos mínimos decretados polo alcalde (dun 50%) e denuncian que o Goberno local está a usar persoal alleo -empregados/as municipais incluídos- para realizar a limpeza dos centros, o que atenta contra o dereito á folga. 
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com