Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Consellería de Educación
21/7/2011 A central nacionalista detectou irregularidades nas oposicións de Primaria en cidades como Ourense, Vigo ou A Coruña
A CIG-Ensino tivo constancia de irregularidades que se produciron no desenvolvemento dos procedementos selectivos aos corpos docentes que se están celebrando estes días. Varios tribunais retiraron da web as cualificacións da proba de oposición alegando problemas informáticos. Concretamente, o tribunal Nº8 de Primaria de Ourense retirounas da web o día 13 de xullo cando xa había persoal opositor que realizaran todas as probas e estaban avaliados, incumprindo así a norma establecida de publicar diariamente as cualificacións do persoal avaliado. Situacións similares repetíronse en tribunais de Vigo e A Coruña, "sendo numerosas as queixas de tribunais que retiraron da web as cualificacións para modificalas alegando erros do sistema informático”. Diante disto, reclámalle á Consellería de Educación que asuma a súa responsabilidade e vele polo cumprimento da normativa que regula as oposicións.
13/7/2011 A central critica tamén que o departamento autonómico reduza o número de horas que se imparten en galego
Onte fíxose público no portal web da Consellaría de Educación a relación provisional de centros que pasan a integrar a rede de centros plurilingües. Malia ser provisional e modificábel, unha vez máis compróbase que o obxecto desta orde é, xunto coa redución de horas a impartir no noso idioma, o desvío de fondos á privada.
8/7/2011 As rúas de Compostela acollerán unha nova manifestación en setembro e haberá paros e xornadas de folga
Tal e como a CIG-Ensino ten adiantado, a rotura do acordo da xornada laboral do profesorado galego non trae maior calidade educativa, senón un gran recorte de profesorado, e non é difícil facer a conta que a menor profesorado a atención ao alumnado vai descender, sobre todo nos casos de atención á diversidade. Alén do prexuízo que se causa ao profesorado, deixaranse de atender moitas necesidades dos centros, masificaranse as aulas, non se propiciarán os grupos de diversificación necesarios, non se poderán atender debidamente as necesidades educativas específicas, o profesorado verase na necesidade de impartir materias afíns das que non é especialista, e moitos interinos/as perderá o seu posto co inicio do vindeiro curso.
1/6/2011 Denuncia que o departamento autonómico investirá 1.100.428 euros até 2012 para substituír libros de texto só por estar no noso idioma
A CIG-Ensino vén de denunciar publicamente un novo ataque ao galego por parte da Xunta de Galiza. En concreto, o feito de que destinase  un total de 1.100.428 euros até 2012 para substituír libros de texto só por estar no noso idioma. A central nacionalista considera que esta circunstancia pon de manifesto que as declaracións de austeridade feitas polo  Goberno galego son unha mera cortina de fume xa que "neste e noutros temas non ten reparo en gastar diñeiro público sempre que sirva aos seus intereses partidarios e para perseguir o noso idioma".
24/5/2011 A central nacionalista reclamou na mesa sectorial celebrada hoxe que non se superen os 175 días lectivos que establece a LOE
A CIG-Ensino denuncia o “talante antidialogante” da Consellaría de Educación despois de que se mantivese inamovíbel ante as propostas ao calendario escolar achegadas pola central nacionalista na mesa sectorial celebrada hoxe. Entre elas, que non se superen os 175 días lectivos, a modificación do período de descanso da Semana Santa, a recuperación da xornada matinal reducida en xuño e setembro ou a instauración do Día de Rosalía.
29/3/2011 A CIG-Ensino denuncia a obsesión por converter os colexios galegos en centros plurilingües e a todo o profesorado en profesorado de inglés vai repercutir na calidade do ensino
A Consellaría de Educación acaba de convocar Mesa Sectorial para este venres día 1 de abril. Nesta mesa tratarase, entre outras, a orde que regula o as licencias por estudos, as súas modalidades e número de prazas. A CIG-Ensino denuncia que a proposta remitida pola Consellaría pretende liquidar catro das modalidades de formación convocadas ao longo destes anos.
3/12/2010 A central nacionalista amosa a súa preocupación polo feito de que o cambio poida influír nas condicións laborais do profesorado
A CIG-Ensino de Pontevedra alerta das consecuencias que se poden derivar da redistribución do alumnado escolarizado nos centros públicos da cidade e demanda que se cumpran todas as garantías para que en ningún caso isto supoña a supresión de prazas de profesorado ou a saturación de ningún colexio.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com