26/3/2012
Solicita a suspensión cautelar do decreto
A CIG presentará a primeira hora deste martes, 27
de marzo, para a súa tramitación polo procedemento especial de protección de
dereitos fundamentais, un contencioso administrativo contra o decreto de
servizos mínimos ditados pola Consellaría de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza da Xunta de Galiza, publicado hoxe no DOG. A central
sindical considera que os servizos mínimos estabelecidos para a folga xeral
convocada para o día 29 de marzo resultan abusivos e contrarios ao dereito
fundamental de folga que recoñece o artigo 28.1 da Constitución.
20/3/2012
O borrador do decreto contempla unha actividade mínima nalgúns servizos superior á estabelecida para as dúas últimas folgas xerais
A CIG trasladou esta mañá a súa total oposición á proposta de servizos mínimos presentada pola Xunta de Galiza para a folga do día 29 de marzo por considerala arbitraria, desproporcionada e falta de motivación. A central sindical entende que con este borrador de servizos mínimos non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga do conxunto do persoal que traballa para a administración galega. Por iso, a central nacionalista advirte que, de non producirse un cambio substancial, presentará recurso contencioso-administrativo.
26/1/2011
O persoal celebrou unha asemblea e unha concentración nas instalacións para avaliar as últimas accións da representación dos traballadores/as e a situación da empresa
O Comité de Elaborados Metálicos SL, Emesa, celebrou esta mañá unha asemblea de traballadores/as e unha concentración diante das instalacións de Coirós para denunciar as intencións da empresa de presentar un ERE temporal e outro de extinción. Hai que lembrar que o persoal de Emesa está a padecer nestes intres a segunda regulación temporal consecutiva, sen que a dirección da factoría nin do grupo empresarial Isolux Corsán, ao que pertence, levaran a cabo as xestións oportunas para garantir a continuidade da actividade na fábrica e dos máis de 300 postos de traballo directos e indirectos que dependen dela.
25/1/2011
A central sindical presentou esta mañá recurso contencioso-administrativo contra a resolución do goberno galego
A CIG confirma a súa oposición ao decreto de servizos mínimos, que a Xunta vén de publicar no DOG, por consideralo abusivo e conculcador de dereitos. A central sindical entende que con este decreto de servizos mínimos non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga do conxunto do persoal que traballa para a administración galega. Por iso, a central nacionalista presentou hoxe recurso contencioso-administrativo contra este decreto ao entender que resulta desproporcionado.
9/8/2010
O tribunal estuda agora se paraliza ou non para o vindeiro curso a normativa sobre plurilingüismo aprobada polo Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo
O Tribunal Superior de Xustiza de
Galiza (TSXG) admitiu a trámite o recurso presentado pola Mesa pola
Normalización Lingüística contra o chamado decreto do
plurilingüismo aprobado recentemente polo Goberno que preside Alberto Núñez
Feijóo e que regula o uso do noso idioma no ensino. O tribunal estuda agora paralizar a entrada en vigor o curso
que vén da nova normativa sobre o galego, o que atrasaría os plans da
Xunta.
23/7/2010
O Comité de Empresa esixe á Consellaría que resolva favorabelmente aos traballadores/as o recurso de alzada e aposte pola defensa clara dos empregos
A Consellaría de Traballo e Benestar vén de rexeitar a admisión a trámite do segundo ERE presentado por Sykes Enterprises para 127 traballadores/as da plataforma de A Coruña. A Xunta, tal e como se demandou dende o Comité de Empresa, entende que non é posíbel entrar no fondo do asunto xa que existen numerosos recursos de alzada contra a resolución do primeiro ERE, que aínda non foron contestados pola Administración galega.
7/7/2010
Educación publicou o martes no DOG a orde pola que inicia a implantación do terzo das materias en inglés
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación segue a súa “folla de ruta contra o galego sen reparar nin en gastos nin en consecuencias”. O martes publicouse no DOG a Orde do 30 de xuño de 2010 pola que se regulan, con carácter experimental, os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2010/2011, que ten por único obxecto reducir a presenza da nosa lingua no ensino mediante a implantación dunha medida que o Consello Consultivo valorou como contraproducente e que é un dos motivos do seu informe desfavorábel. Tal e como recolle o Consello Consultivo “ese máximo dun terzo do horario podería resultar desproporcionado con relación ao horario que se dispensa ás dúas linguas oficiais… pode supor un sacrificio para a aprendizaxe tanto oral coma escrita das linguas oficiais, tendo en conta os mandatos e fins tanto do Estatuto de Autonomía de Galicia coma da Lei de normalización lingüística… e da Carta europea das linguas rexionais e minoritarias.”