19/2/2013
Manifestan a súa oposición ás reformas xudiciais promovidas polo Ministerio de Xustiza
A Confederación
Intersindical Galega manifesta o seu apoio á xornada de folga convocada para
este mércores polas asociacións de xuíces e fiscais en contra dos proxectos de
reforma do Consello Xeral do Poder Xudicial; a Lei Orgánica do Poder Xudicial;
o taxazo xudicial; o reiterado recurso ao indulto e a alerta social que isto
provoca, sobre todo en casos de corrupción; en demanda de medidas de protección
para as persoas afectadas por execucións hipotecarias; contra a privatización
dos rexistros civís e contra as “improvisadas” reformas do Código Penal.
10/1/2013
A CIG, que arroupou a comparecencia celebrada na Coruña, denuncia que a lei 10/2012 limita o acceso ao dereito fundamental á tutela xudicial efectiva
A CIG compareceu en rolda de prensa, xunto con outras 20 organizacións sociais, políticas e sindicais, para denunciar o prexuízo que supón a aplicación das novas taxas xudiciais impostas polo Partido Popular. A Secretaria da Muller da CIG, Margarida Corral, que asistiu en representación da central nacionalista, denunciou na súa intervención que a lei 10/2012 pon en cuestión o Estado de Dereito, ao limitar o acceso ao dereito fundamental á tutela xudicial efectiva.
20/12/2012
A plataforma sindical rexeita con mobilizacións as últimas medidas adoptadas polo Goberno español e anuncia protestas máis contundentes
A plataforma sindical de
Xustiza promoveu hoxe un apagón informático simbólico e
concentracións nos centros de traballo para rexeitar a retirada da
paga extra e denunciar a implantación dun sistema xudicial “para
ricos”. Os afectados/as anuncian que nos vindeiros días levarán a cabo protestas máis contundentes ante o anuncio do Goberno español
de rebaixarlles aínda máis os salarios os empregados/as
públicos/as.
12/12/2012
Profesionais, funcionarios/as públicos e cidadáns/ás concentráronse as portas dos xulgados
Centos de traballadores/as da administración de xustiza e cidadáns/ás secundaron este mércores as mobilizacións convocadas diante dos distintos xulgados e oficinas en contra da lei de taxas xudiciais imposta polo Goberno español e a privatización do Rexistro Civil que prepara o PP. As protestas continuarán o vindeiro xoves 20 de decembro, cun “apagón dixital” co que se pretende que o persoal deixe de traballar cos equipos informáticos durante 30 minutos.
2/7/2012
Tres anos e un día de cadea pola súa participación na folga do comercio de alimentación en 2009
A Executiva Confederal da CIG manifesta a súa máis
absoluta repulsa pola sentenza de tres anos e un día de prisión contra Marcos
Cadórniga, liberado sindical de CIG-Servizos, Carlos Alján, delegado da central
sindical en Froiz e o sindicalista de CCOO Carlos Búa, pola súa particiación na
folga de comercio de alimentación en 2009. Unha sentenza que a Executiva considera
absolutamente desmedida e que entende que ten como obxectivo criminalizar o
sindicalismo e limitar a súa capacidade de actuación na defensa dos dereitos
das traballadoras e traballadores.
25/5/2012
Dende a CIG advirten que co incremento de taxas o PP quere instaurar “unha Xustiza só para ricos”
Os
sindicatos CIG, CCOO e CSIF denunciaron hoxe a amortización
(eliminación) de 106 prazas de persoal funcionario nos Xulgados o
país, o que “afondará no deterioro do sistema xudicial”, de
igual xeito que a redución do número de partidos xudiciais. Ao
mesmo tempo, consideran que co incremento das taxas o Goberno español
pretende instaurar “unha Xustiza só para ricos”.
11/1/2011
CIG-Xustiza advirte dos problemas no Imelga de A Coruña por mor da falta de persoal e reclama á Subdirección e Dirección que adopten con urxencia medidas correctoras
A CIG-Xustiza vén de denunciar a situación de “caos” que está a padecer a Subdirección de A Coruña do Imelga (Instituto de Medicina Legal de Galiza) debido ao incumprimento de funcións por parte tanto da Dirección como da Subdirección. Esta situación, explican, provocou nos últimos tempos a “fuxida” de varios médicos/as forenses a outros destinos, ao mesmo tempo que as baixas laborais por estrés son cada vez máis frecuentes.