10/2/2012
Exixiron, tanto na Mesa, como na concentración, a inmediata retirada do anteproxecto co que o PP pretende recortar as súas condicións laborais e salariais
Centos de empregados/as públicos/as
participaron este venres na concentración convocada ante a Escola Galega de Administración Pública,
coincidindo coa celebración da Mesa Xeral da Función Pública. Tanto as persoas
concentradas, como os representantes sindicais que participaban na Mesa exixiron
a retirada do “Anteproxecto de medidas no emprego público na Xunta de Galiza”. Denuncia
que se trata dunha proposta que se limita a introducir recortes nas condicións
laborais e salariais dos empregados e empregadas do sector público.
9/2/2012
Convocan outra concentración, este venres 10 de febreiro, diante da EGAP, a partir das 13:00 horas, coincidindo coa celebración da Mesa Xeral do emprego público de Galiza
Máis de 3.000 traballadores e traballadoras do
sector público déronse cita esta mañá diante de San Caetano, coincidindo coa
celebración do Consello da Xunta. O que inicialmente estaba previsto como unha
concentración de delegados e delegadas converteuse finalmente nunha masiva
mobilización á que se sumou todo o persoal que por proximidade ou por quendas
puido ir a manifestar o seu máis rotundo rexeitamento aos recortes propostos
polo goberno do PP. O persoal, que participou masivamente nas asembleas
convocadas polas organizacións sindicais, chegou a fletar autobuses desde
diversos puntos de Galiza para sumarse a esta mobilización convocada con
carácter de urxencia.
7/2/2012
CIG, CCOO, UGT e CSI-F non descartan convocar folga en todas as administracións se o Goberno Galego continúa adiante co Anteproxecto de Lei
Representantes de CIG, CCOO, UGT e CSI-F nas diferentes administracións públicas galegas compareceron este martes en rolda de prensa conxunta para anunciar a convocatoria de mobilizacións en contra do Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público que prepara a Xunta. As organizacións sindicais realizarán concentracións todos os xoves de febreiro para amosar o seu rexeitamento a estes novos recortes nas condicións laborais e salariais e non descartan convocar folga en todas as administracións se o Goberno galego non retira este decreto.
3/2/2012
Anuncia mobilizacións para exixir a súa reconsideración e retirada
A Área Pública da CIG manifesta o seu rotundo
rexeitamento ás medidas anunciadas pola conselleira de Facenda, no día de hoxe.
Medidas que implican recortes nas condicións laborais e salariais e supresión
de dereitos do persoal das administracións públicas. A Xunta de Galiza pretende
eliminar desde o cobro do 100% de salario en todas as baixas por debaixo dos 21
días, até reducir de forma obrigatoria un terzo da xornada e, en consecuencia
de salario, aos traballadores/as interinos e contratados. A CIG exixe a
reconsideración e retirada destas propostas ou, do contrario, convocará a todas
as empregadas e empregados públicos a mobilizarse en defensa dos seus dereitos.
21/12/2011
Demandan uns servizos públicos galegos, sen recortes, sen privatizacións e sen copagos
As federacións da Área Pública da
CIG (Administración, Saúde e Ensino) concentráronse diante do
Parlamento de Galiza para manifestar o seu rexeitamento ás medidas de recorte
na función pública contempladas nos orzamentos de 2012, que pretende aprobar o Goberno do PP. Denuncian que os orzamentos reducen os salarios
dos empregados/as públicos/as e destrúen o emprego público co conseguinte
deterioro dos servizos públicos, mentres se consolidan privilexios do persoal
directivo e altos cargos. Fronte a iso, demandan uns servizos públicos galegos,
sen recortes, sen privatizacións e sen copagos.
17/10/2011
Oponse á desaparición da oferta de emprego público e ao mantemento da taxa de reposición no 10%
A área pública da CIG
(Administración, Ensino e Sanidade) vén de manifestar o seu rotundo
rexeitamento á proposta presentada este luns na Mesa Xeral da Función Pública
de Galiza, no relativo a retribucións e reposición de efectivos do persoal da
administración. A proposta de orzamentos para o 2012 consolida os
recortes nas retribucións das traballadoras e traballadores públicos, conxelan
as ofertas de emprego público e limitan a taxa de reposición ao 10%. Isto
significa que de cada 100 empregados/as que se xubilen ou causen baixa, a
administración só vai cubrir 10 postos e unicamente cando se considere que esa
praza é esencial para cubrir o servizo. Denuncian que “continuamos a estar diante dunha desaparición dos servizos
públicos”.
15/6/2011
Diante do aval do Tribunal Constitucional ao recorte salarial aplicado ás empregadas e empregados das administracións
A Área Pública da CIG vén de anunciar que continuará adiante co defensa dos dereitos das empregadas e empregados públicos e na loita contra os recortes que nos últimos tempos vén padecendo este colectivo. A afirmación chega logo de coñecerse o auto do Tribunal Constitucional polo que non admite a trámite a cuestión de inconstitucionalidade promovida pola Sala do Social da Audiencia Nacional en relación coa aplicación da rebaixa salarial aos/ás traballadores/as da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre e Real Casa da Moeda (FMNT-RCM).