Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Portugal: Acerca do peso do Estado
27/01/2012Vaz de Carvalho
1. A ladainha neoliberal reza assim: "O peso do Estado em Portugal é excessivo, a carga fiscal excessiva. O Estado asfixia a economia privada cons...
Falsas xustificacións do Acordo de Negociación Colectiva
27/01/2012Clodomiro Montero M.
O acordo asinado polas cúpulas sindicais de CCOO e UGT, sen contar cos traballadores e traballadoras é un novo froito amargo da centralización da...
Entrevista com Tariq Ali: “Só protestar simbolicamente não é suficiente”
25/01/2012Heloisa Gimenez, Marcio Rabat e Vinicius Mansur
O mundo está pedindo a gritos um sistema diferente. Essa é a imensa tragédia e a contradição em todos os níveis: na economia, nas condições ...
2012: a crise americana cinco anos depois
24/01/2012João Sicsu
A política de Obama de combate à crise foi fundamentalmente uma política de resgate dos grandes, isto é, dos grandes bancos, das grandes indúst...
A demonização da classe trabalhadora britânica
24/01/2012Marcelo Justo
As três décadas de neoliberalismo, inauguradas por Margaret Thatcher com uma drástica desindustrialização nos anos 80, marcaram o triunfo de um...
O que acontecerá à União Europeia?
20/01/2012Wim Dierckxsens
Crueldade, impotencia
20/01/2012Xosé Luís Santos Cabanas
Servizos Servizos
3/2/2012 Reclama da Universidade a paralización dos recortes previstos, de un millón de euros, que provocarán a precarización das súas condicións laborais e salariais
O persoal da concesionaria de limpeza da USC ocupaba, na mañá deste venres, a Casa da Balconada, para denunciar o recorte, en 1 millón de euros, do orzamento da contrata, as repercusións que isto terá nas condicións laborais e salariais –Clece ten a intención de aplicar un ERE de redución de xornada e soldo- e as consecuencias no propio servizo de limpeza da Universidade.
3/2/2012 Dende a central nacionalista denuncian que a patronal pretende limitar as negociacións de ámbito inferior
Un cento de delegados/as da limpeza da CIG-Servizos e do sindicato vasco ELA realizaron onte unha concentración de protesta en Madrid coincidindo coa reunión da comisión negociadora do convenio estatal. Dende a central nacionalista denuncian que a patronal pretende limitar as negociacións de ámbito inferior, como os convenios de empresa e os acordos de equiparación.
3/2/2012 O PPdeG comprometeuse a pórse en contacto co Concello da Coruña, no prazo dunha semana, para buscar unha solución, e BNG e PSOE indicaron que tratarán a situación no Parlamento
Unha representación dos traballadores e traballadoras da Torre de Hércules trasladouse esta mañá a Compostela para levar ás súas reivindicacións ante os grupos parlamentares. O persoal pediu dos/as responsábeis políticos que entremedien neste conflito de cara a conseguir unha xuntanza co Concello da Coruña, xa que até o momento o Goberno municipal continúa sen atender as súas peticións.
3/2/2012 Coincidindo co xuízo contra a empresa, que se celebra o martes 7 de febreiro
A Federación de Servizos da CIG de Ferrol ten convocada unha concentración o vindeiro martes, día 7 de febreiro, ás 12:15 horas, coincidindo coa celebración do xuízo, adiado dende o pasado mes de novembro, contra Prosegur Seguridad por acoso a un traballador que se presento una candidatura da CIG ás eleccións sindicais. Coa protesta, a central quere trasladar o seu apoio ao compañeiro e rexeitar o comportamento da empresa.
2/2/2012 As traballadoras/es continúan co calendario de concentracións semanais en demanda da equiparación co grupo E do Sergas
O xulgado do contencioso-administrativo 1 da Coruña vén de dar á razón ás traballadoras/es do servizo de limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee ao anular o decreto de servizos mínimos impostos pola Consellaría de Sanidade para os paros parciais convocados o pasado mes de novembro, por consideralo contrario ao exercicio do dereito á folga. Pola súa banda, o persoal continúa adiante co calendario de mobilizacións semanais con concentracións diante das portas do hospital cada mércores.
1/2/2012 Reclaman unha xuntanza co goberno local, logo de que non respondese á solicitude de reunión cursada hai máis de un mes
Os traballadores e traballadoras da Torre iniciaron un peche no mediodía deste mércores nas oficinas do Consorcio de Turismo como medida para forzar unha reunión co Concello, logo de que nin a concelleira nin o alcalde atendesen a petición de xuntanza cursada polo persoal hai máis de un mes. O persoal tiña intención de permanecer nas oficinas até seren recibidos polo goberno local, mais pasada a media tarde acordaron levantar a medida de presión tras sufrir unha indisposición un dos compañeiros, que tivo que ser trasladado en ambulancia ao CHUAC, e así poder acompañalo até o hospital.
26/1/2012 O persoal perfilou con candeas a silueta do monumento Patrimonio da Humanidade no chan da Praza de María Pita
Os traballadores e traballadoras da Torre de Hércules continúan adiante coas mobilizacións en defensa dos seus empregos. Nesta ocasión, o persoal realizou un acto simbólico que consistiu en perfilar con candeas a silueta do faro romano en plena Praza de María Pita e acender un refacho de luz para ensinar ao goberno local o camiño que leva á solución do conflito.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com