10/2/2012
Conseguen fixar para a vindeira semana unha xuntanza entre o Comité e a Xerenta da Universidade
O persoal da
limpeza da USC continúa coas mobilizacións para exixir a retirada da proposta
de recortes na contrata que fixo a Universidade. Recortes que, de
efectivizarse, terían graves consecuencias laborais e salariais. Por iso, esta
mañá, tras dunha concentración na Praza do Obradoiro, diante do Reitorado, volvéronse
pechar na Casa da Balconada, coincidindo coa celebración dunha xuntanza de
persoal da USC coa Xerenta. Transcorrida
aproximadamente unha hora da ocupación entrou nas dependencias universitarias,
por vez primeira en anos, a policía nacional.
9/2/2012
Nas máis de 100 sentenzas xa ditadas ratifícase que os contratos de SEAGA están en fraude de lei e recoñécese o carácter de fixo descontinuo
Traballadores e traballadoras de SEAGA participaron esta mañá
nunha asamblea aberta, na praza da Quintana, para avaliar o resultado das
demandas presentadas, valorar a situación derivada das sentenzas xa ditadas e
debater sobre as medidas de presión a adoptar para regularizar a súa situación.
O persoal de Seaga no seu conxunto, acordou exixir o inicio da precampaña a
través desta empresa pública no mes de marzo, tendo en conta as especialmente
adversas condicións climatolóxicas que se veñen dando este ano. Ao remate da asemblea, saíron en
manifestación e remataron en San Caetano, ante a consellaría de Mar e Medio
Rural.
9/2/2012
A Fiscalía solicitaba catro anos de prisión para o compañeiro por uns feitos na piscina da Barcala
O Xulgado do Penal número 5 da Coruña absolveu Adolfo Naya, secretario de Organización da CIG-Servizos, dos cargos que pesaban contra el por mor duns feitos ocorridos en 2010 nunha piscina de Cambre, no transcurso da folga das instalacións deportivas. A central nacionalista ten denunciado publicamente en numerosas ocasións a campaña de represión da
que está a ser obxecto a través de imputacións de militantes e sancións
gobernativas.
8/2/2012
A contrata decidiu, de forma unilateral, non aplicar o acordo de incremento salarial pactado para este ano
O Comité de
Empresa de CLECE S.A., empresa adxudicataria do servizo de limpeza da
Universidade de Santiago vén de denunciar que esta contrata incumpriu o
principio de negociación colectiva ao decidir, de forma unilateral, anular o acordo
de incremento salarial pactado para este ano. Isto súmase á posibilidade de que
a empresa recorra a un ERE de redución de xornada e salario que afectaría a todo
o persoal, por mor da decisión da USC de reducir, nun millón de euros, o
orzamento que destinaba á contrata.
7/2/2012
Coincidindo co xuízo contra a empresa, que quedou visto para sentenza
Delegados e delegadas da CIG de Ferrol realizaron unha nova concentración este martes ás portas dos Xulgados da cidade departamental coincidindo coa celebración do xuízo contra Prosegur Seguridad polo acoso e persecución que está a practicar contra un traballador que se presentou ás eleccións sindicais na candidatura da central nacionalista.
3/2/2012
Reclama da Universidade a paralización dos recortes previstos, de un millón de euros, que provocarán a precarización das súas condicións laborais e salariais
O persoal da concesionaria
de limpeza da USC ocupaba, na mañá deste venres, a Casa da Balconada, para
denunciar o recorte, en 1 millón de euros, do orzamento da contrata, as repercusións
que isto terá nas condicións laborais e salariais –Clece ten a intención de
aplicar un ERE de redución de xornada e soldo- e as consecuencias no propio
servizo de limpeza da Universidade.
3/2/2012
Dende a central nacionalista denuncian que a patronal pretende limitar as negociacións de ámbito inferior
Un cento de delegados/as da limpeza da CIG-Servizos e do sindicato vasco ELA realizaron onte unha concentración de protesta en Madrid coincidindo coa reunión da comisión negociadora do convenio estatal. Dende a central nacionalista denuncian que a patronal pretende limitar as negociacións de ámbito inferior, como os convenios de empresa e os acordos de equiparación.