3/4/2013
A CIG oponse á autorización ás mutuas para dar altas de enfermidade, á reforma de pensións anticipadas, voluntarias ou forzosas e a supresión do subsidio a maiores de 55
A CIG vén de
acordar convocar concentracións en todas as cidades o vindeiro xoves, día 11 de
abril, para manifestar a oposición da central sindical ás reformas aprobadas
polo goberno no último mes. Reformas como o decreto para a contratación da
mocidade; a autorización ás mutuas para dar altas de enfermidade; a das pensións
anticipadas, voluntarias ou forzosas e o recorte do dereito ao subsidio para
maiores de 55 anos, que considera que provocarán máis pobreza e discriminación
entre a clase traballadora.
27/2/2013
Dos 160.000 postos de traballo que se destruíron desde o ano 2008, o 87,5% estaban ocupados por menores de 34 anos
O Gabinete Técnico
de Economía vén de presentar a análise da evolución do mercado laboral en
Galiza no ano 2012. Os datos son demoledores: unhas 116 persoas perderon
diariamente o posto de traballo; a poboación activa entre os 16 e os 34 anos
descendeu en 16.000 persoas; desde que se iniciou a crise, o 66% de todos os
postos de traballo destruídos é do sector industrial e da construción, aínda que no último ano, o sector servizos viuse
afectado con especial virulencia; 44.500 asalariados perderon o posto de
traballo; descendeu fortemente o número de ocupados/as con xornada a tempo
completo, e medran os de xornada a tempo parcial. Malia este panorama, a
partida que máis descende –nun 40%- nos orzamentos de 2013 é a de promoción de
emprego.
5/11/2012
Un 42,1% das persoas desempregadas non cobran ningún tipo de prestación
En Galiza ha xa un
total de 267.812 persoas desempregadas. A cifra ascende a 285.196, se se
inclúen o total de demandantes de emprego non ocupados (DENOS) que, aínda sendo
parados/as, están realizando, por exemplo, un curso de formación e, polo tanto,
non se computan. A CIG considera que estes datos son alarmantes, máis tendo en
conta que un 42,1% das persoas desempregadas non están cobrando ningunha
prestación. O panorama é, para a central sindical, desolador e o perigo de
exclusión social e pobreza de miles de galegas e galegos é cada vez maior.
27/9/2012
Como consecuencia o noso país perderá peso territorial na estrutura da compañía e os empregados/as verán precarizadas aínda máis as súas condicións de traballo
A
sección sindical da CIG en Telefónica aproveitou a presenza en
Galiza do presidente da compañía, Luís Miguel Gilpérez, para
lembrar que as últimas “medidas de reorganización” adoptadas
pola empresa repercutirán moi negativamente no noso país. Os
empregados/as farán coincidir novas mobilizacións en defensa do
emprego coa visita do máximo responsábel de Telefónica ás
instalacións da firma de telecomunicacións no noso país. De feito, este venres celebrarán unha concentración fronte á sede central de Vigo, no Calvario, a partir das 14.00 horas.
3/8/2012
A redución do orzamento nun 50% afectará a sete vixiantes de seguridade e a 10 auxiliares de salas
A federación de Servizos da CIG demanda do Concello de Vigo que garanta o mantemento de todos os postos de traballo nos distintos centros museísticos da cidade. Dende a central nacionalista advirten que a redución á metade do orzamento destinado á xestión destas infraestruturas tradúcese no despedimento de sete vixiantes de seguridade e 10 auxiliares.
4/6/2012
Só o 8,1% dos contratos asinados no mes de maio foron indefinidos
O paro en Galiza
baixou, no mes de maio, un 0,37% respecto do mes anterior. Isto tradúcese en
1.036 persoas desempregadas menos. Porén, incrementouse respecto o mes de maio
do ano pasado en 36.594 persoas. Así as cousas, maio rematou con 276.608
persoas en paro. Diante desta situación, a CIG segue a exixir dos poderes públicos
políticas activas que permitan apostar claramente pola creación de emprego
5/3/2012
O 50% do emprego destruíuse na provincia de Pontevedra
A realidade do mercado laboral galego é demoledora.
Así se reflicte no informe elaborado polo gabinete de Economía da CIG que foi
presentado este luns polo secretario confederal de Emprego, Antonio López
Rivera e a economista Natividade López Gromaz. Un estudo que fai un percorrido
pola situación sociolaboral e no que se evidencia que, no último lustro, se
destruíron en Galiza, nin máis nin menos que 110.400 postos de traballo.