Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
emprego
28/10/2011 Descende o número de ocupados, increméntase a taxa de paro e elévase a precariedade, o que evidencia o fracaso das sucesivas medidas impostas, nomeadamente a reforma laboral
Os datos da EPA revelan o grave deterioro do mercado laboral. Por vez primeira descende no III Trimestre a ocupación, cando se trata dun período que colle os meses de verán, onde sempre se constatou un aumento do número de ocupados/as. Tal é así, que con respecto ao mesmo trimestre do ano 2008, que foi cando comezou a sentirse a crise en Galiza, o número de ocupados descendeu en 127.000 persoas, pasando de 1.214.500 a 1.087.000. O número de ocupados diminuíu tamén respecto do II Trimestre deste ano, en 4.400 persoas.
20/10/2011 A CIG, CCOO e UGT mantiveron a primeira xuntanza preparatoria da mobilización e xa fixeron público o cartaz da mobilización
Na tarde de onte produciuse a primeira xuntanza preparatoria da manifestación conxunta convocada en Vigo para o domingo 6 de novembro polos sindicatos CIG, CCOO e UGT en defensa do emprego na comarca. Os tres secretarios comarcais participaron na reunión na que se trazaron as primeiras liñas da campaña.
20/10/2011 Desenvolverase no Auditorio do Mar entre as 10.30 e as 19.00 horas
A Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e a Formación en Galiza (forGA) e a Secretaría Confederal de Formación da CIG organizan este venres 21 de outubro en Vigo a I Xornada “A formación para o emprego” na que hai inscritas 230 persoas de toda Galiza.
15/10/2011 CIG, CCOO e UGT denuncian que hai 60.000 persoas sen emprego na bisbarra e que en tres anos destruíronse máis de 50.000 postos de traballo na provincia
Os secretarios comarcais da CIG, CCOO e UGT de Vigo compareceron hoxe en rolda de pensa para anunciar a convocatoria conxunta dunha gran manifestación en defensa do emprego que terá lugar o vindeiro domingo 6 de novembro a partir das 12.00 horas. Os representantes sindicais consideran que a perda de postos de traballo na comarca chegou a unha situación insostíbel e reclaman das administracións central e autonómica a posta en marcha de medidas que estimulen a creación de emprego.
6/5/2011 Delegados/as da caixa concentráronse en Vigo para esixir o mantemento do emprego e das condicións laborais e contra a privatización da entidade galega
Máis de 30 delegados/as da CIG en Novacaixagalicia realizaron hoxe unha concentración de protesta diante da sede central de Vigo para reclamar o mantemento de todos os postos de traballo e das condicións laborais na entidade crediticia. Os representantes sindicais rexeitan os plans privatizadores do Goberno español, que pasan por unha baixada salarial baixo a ameaza de eliminar máis empregos despois dos 900 despedimentos que xa se produciron nas oficinas do país dende a fusión.
10/1/2011 Folgaxeral.galizacig.com inclúe novas, análise, opinión, documentos e datos de interese, así como material para descargar
A Confederación Intersindical Galega vén de poñer en marcha unha nova páxina web con toda a información referente á convocatoria de folga xeral do 27 de xaneiro, ademais de incluír un repaso ás mobilizacións máis importantes organizadas pola central no contexto da crise económica. Nela, o sindicato nacionalista pon a disposición das persoas interesadas o material necesario para entender a actual ofensiva do capital contra a clase obreira e desmontar os falsos argumentos que están detrás da perda de dereitos laborais e sociais.
24/9/2010 Celébrase o 6 de outubro no Centro Cultural Caixanova de Vigo e vai dirixido a técnicos e persoas desempregadas inscritas en oficinas de emprego da cidade
A Confederación Intersindical Galega de Vigo celebra o vindeiro 6 de outubro a II Xornada Divulgativa “Imos Traballar” no Centro Cultural Caixanova (rúa Policarpo Sanz, 13). Dirixida a persoal técnico de emprego, persoas desempregadas e empresas vinculadas á atención aos maiores e aos servizos á comunidade co obxectivo de apostar pola formación como vía de inserción laboral. O prazo para inscribirse de maneira gratuíta nesta xornada está aberto até o día 5 de outubro ás 14.00 horas e pode facerse a través de correo electrónico (imostraballar.cig@gmail.com) ou no teléfono 986 433 770 entre as 10.00 e as 14.00 horas de luns a venres. As prazas son limitadas e entregarase certificado de asistencia.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com