Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Atento
1/6/2011 A patronal ten paralizadas as negociacións dende hai quince meses, mentres que os salarios dos/as traballadores/as continúan conxelados
Traballadores e traballadoras do telemárketing da Coruña concentráronse está mañá diante das principais empresas do sector para demandar a negociación dun convenio colectivo digno e con dereitos, que en Galiza dá emprego a unhas 8.000 persoas. As mobilizacións, convocadas pola Federación de Banca da CIG, terán continuidade o vindeiro 8 de xuño na cidade de Vigo.
3/5/2011 A empresa comunicou que procederá a gravar as conversas das/os teleoperadoras/s cos clientes e que poderá ceder os rexistros, mais sen solicitar o seu consentimento expreso tal e como ordena a lei vixente
A sección sindical da CIG en Atento A Coruña vén de remitir denuncia á Axencia española de Protección de Datos (AEPD) para que investigue a decisión da empresa de proceder a gravar as conversas dos/as traballadores/as cos/as usuarios/as do servizos e ceder datos identificativos do persoal para o control de calidade, sen especificar nin que datos se rexistrarán nin a que tipo de clientes se vai permitir o acceso aos mesmos.
11/3/2009 Os delegados e delegadas de Cedonosa, Ingemarga e Ferroatlántica recibiron un recoñecemento especial pola súa loita
Os traballadores e as traballadoras de ATENTO foron os galardoados na III edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega, co que a CIG quere recoñecer a loita levada a cabo polo persoal desta empresa durante o ano pasado. O premio tamén pretende ser unha homenaxe a todos os/as traballadores/as do telemárketing, un sector especialmente precarizado e vítima constante dos procesos de deslocalización. Así mesmo, fíxose unha especial mención a labor desenvolta polas seccións sindicais de Cedonosa, Ingemarga e Ferroatlántica.
6/2/2009 Recoñece o dereito dos traballadores e traballadoras a ser repostos nas súas anteriores condicións de traballo
No mes de novembro a empresa de telemarketing Atento, do Grupo Telefónica, comunicou o traslado de 27 traballadores/as da Plataforma da Coruña cara a León, entre eles estaban un delegado e unha delegada da CIG. Agora a Xustiza declarou improcedentes os traslados.
20/11/2008 Acentúase a deslocalización
Representantes da CIG e da súa sección sindical en Atento mantiveron unha xuntanza en Compostela coa directora xeral de Relacións Laborais da Xunta, Pilar Cancela, o 20 de novembro. A central nacionalista pediulle á Consellaría de Traballo que utilice os mecanismos necesarios para instar Atento a que paralice a nova vaga de despedimentos na Coruña.
19/11/2008 A empresa mantén a súa intención de botar 105 empregados en decembro
O cadro de persoal de Atento prosegue co seu calendario de protestas para rexeitar de forma tallante os 27 traslados de compañeiros ao centro de traballo que esta empresa do Telemárketing ten en León. A filial de Telefónica mantén a súa intención de despedir en decembro 105 empregados coruñeses pertencentes ao servizo do “11822”.
5/11/2008 Os empregados saen á rúa para expresar a súa protesta
Representantes de Atento comunicáronlles a 29 traballadores da sede coruñesa que, no prazo dun mes, terán que se trasladar a León. A decisión da empresa xa está a ser contestada na rúa coas primeiras mobilizacións. A CIG entende que se trata de despedimentos encubertos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com