13/3/2012
A empresa postal non vinculaba o aborto coa maternidade e deulle un trato de enfermidade común
O sector de Correos da CIG-Administración vén de dar a coñecer unha sentenza pola que se condena á empresa postal estatal á repor a totalidade do salario a unha traballadora á que, como consecuencia dun aborto, se lle aplicaron descontos en determinados complementos retributivos. Correos, explican dende o sector da CIG, non vinculaba o aborto coa maternidade e dáballe unicamente un trato de enfermidade común.
2/1/2012
A CIG Correos rexeita esta decisión, que en Galiza afecta a unhas 15 persoas que xa hai seis anos que superaron o proceso selectivo
Logo de aprobar unha oposición para ingresar en Correos, e tras seis anos nunha Lista de Expectativa de Ingreso, a empresa postal, xunto a CCOO, UGT, C-SIF e Sindicato Libre, acordou eliminar estas listas sen ofertar os postos de traballo necesarios para que este persoal poida incorporarse como persoal fixo. Dende a CIG-Correos rexeitan esta decisión e demandan da empresa que ofreza os postos necesarios para garantir un emprego ás persoas que teñen a oposición aprobada.
29/9/2011
Persoal dos centros de Ferrolterra, Eume e Ortegal participan este xoves nunha concentración diante da Oficina de Ferrol
Traballadores/as de Correos das comarcas de Eume, Ferrolterra e Ortegal participan este xoves nunha nova concentración diante da Oficina de Ferrol en protesta polo despedimento dun compañeiro destinado en Fene. A mobilización está convocada pola CIG e CCOO, centrais sindicais con maior representación na empresa postal na provincia da Coruña.
13/9/2011
O traballador, adscrito á Oficina Técnica de Fene, foi despedido tras un incidente cun superior
A CIG-Correos de Ferrol convocou unha concentración este mércores 14 de setembro en demanda da readmisión dun traballador da Oficina Técnica de Fene, despedido tras un incidente cun superior. A protesta, aprobada en asemblea polo conxunto do persoal da Unidade de Reparto de Ferrol, desenvolverase entre as 09:00 e as 09:30 horas diante da Oficina Principal da empresa postal na cidade.
1/7/2011
A central nacionalista consegue o 25% da representación do persoal
A CIG conseguiu 30 delegados/as (15 en laborais e outros/as 15 entre o persoal funcionario) dos/as 116 que se elixían nas eleccións de Correos celebradas o pasado 28 de xuño. Con este resultado, a central nacionalista obtén o 25% da representación, a pesar da redución considerábel do número de votantes e delegados/as.
7/4/2011
Ante as declaracións dos sindicatos asinantes do convenio colectivo e o acordo xeral asegurando ter resolto os problemas do persoal
A CIG-Correos trasladou o malestar entre o persoal que realiza o reparto postal nas zonas rurais, ante as declaracións dos sindicatos asinantes do convenio colectivo e o Acordo Xeral asegurando ter resolto os problemas deste colectivo de traballadores/as. Dende o sector de Correos da CIG lémbrase que en ningún caso a suba pactada cobre os gastos de combustíbel xerados polo reparto e anunciouse o apoio a calquera mobilización que realicen os/as carteiros do rural.
6/4/2011
Ante a sinatura do III Convenio Colectivo para Laborais e o Acordo Xeral para o persoal funcionario
O martes 5 de abril procedeuse á sinatura por parte de CCOO, UGT, CSIF e Sindicato Libre dos dous documentos que rexerán rexeran as relación laborais durante os próximos anos, cando menos até 2013: o III Convenio Colectivo para o persoal laboral e o Acordo Xeral para o persoal funcionario. A CIG en Correos non asinou estes acordos porque entende que non recollen melloras salariais nin sociais e todas aquelas cuestións que se pretenden vender como avances responden en realidade á criterios de aforro da empresa postal ou xa foron acadados pola vía xudicial.