marco
Artigos de opinión
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Entrevista a Eric Toussaint: “Se non hai unha saída anticapitalista a esta crise, haberá unha saída capitalista”
17/03/2010Johari Gautier Carmona
A saída capitalista á crise baséase soamente en aumentar a presión sobre o traballo e pasar a factura aos asalariados. Foi sempre a mesma solu...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Unha nova estratexia neoliberal está a comezar e a Unión Europea -un organismo altamente antidemocrático- é a correa de transmisión que servi...
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
Os actuais plans de “rescate” financeiro de Grecia -de España e Portugal seguramente mañá e doutros Estados pasadomañá- non teñen de nin...
13-n
13/11/2008 Máis de 15.000 persoas sairon ás rúas no noso país
Mani CIG Vigo crise 13n
As manifestacións en Vigo, A Coruña, Ferrol, Compostela, Pontevedra, Lugo, Ourense e Viveiro convocadas pola CIG na noite do 13 de novembro mobilizaron a máis de 15.000 persoas contra a crise económica e a falta de medidas reais das administracións e apoio aos traballadores e traballadoras. Nestas marchas reclamouse que se poñan as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e que se adopten medidas para que a crise a paguen os que a provocaron e non a maioría social.
12/11/2008 Manifestacións nas sete cidades e A Mariña entre as 19:30 e as 20:30 horas deste xoves día 13 de novembro
cartel paraugas sen texto
Con manifestacións simultáneas nas sete cidades de Galiza e A Mariña culmina a primeira etapa da campaña que a CIG puxo en marcha para denunciar aos responsábeis da actual situación de crise económica e as repercusións que terán, para a clase traballadora, as medidas adoptadas até o de agora polos distintos gobernos. Unha campaña na que se demanda que se poñan as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e que se adopten medidas para que a crise a paguen os que a provocaron e non a maioría social.
11/11/2008 Participará o secretario xeral da CIG, Suso Seixo
Rolda de prensa mani vigo 13n
O luns 10 de novembro tivo lugar a rolda de prensa de presentación da mobilización convocada pola CIG para o próximo 13 de novembro "Por un novo modelo económico e social" e para que "A crise a pague o capital", na comarca de Vigo. Asi, informouse de que esta será a manifestación central da organización sindical nacionalista, que contará coa presenza do secretario xeral da CIG, Suso Seixo. Esta marcha sairá ás oito da tarde de Vía Norte e rematará o seu percorrido na Porta do Sol.