11/3/2010
Ocultaron ou deformaron a información conculcando o dereito fundamental a recibir información veraz
Na mañá deste 11 de marzo, as traballadoras e traballadores que participaron nas mobilizacións convocadas pola CIG o Día da Clase Obreira Galega puideron asistir, atónitos á manipulación informativa da que que foron obxecto estes actos por parte de xornais como La Voz, El País ou o Xornal. Estes medios de comunicación ocultaron ou deformaron a realidade conculcando o dereito fundamental a recibir información veraz. A CIG lamenta a súa actitude e advirte que, lonxe de acadar o seu obxectivo de silenciar ou distorsionar a realidade, o único que conseguen é que cada día se poña máis en cuestión a súa credibilidade, alén de agravar, aínda máis, a xa escasa saúde democrática deste país.
5/2/2009
O xornal está a utilizar o nome da central para difundir calumnias
Repetidamente “La Voz de
Galicia” está a utilizar o nome da CIG para difundir calumnias sen se ter posto en contacto aínda,
a día de hoxe, co sindicato nin ter a CIG nada que ver coas acusacións que se
imputan. Hoxe, día 5 de febreiro de 2009, por exemplo, aparece na primeira
páxina deste xornal difamacións que, supostamente, se basean en informacións
recompiladas pola CIG para “identificar con nomes y apellidos a una treintena
de candidatos del BNG que fueron colocados en servicios de la Xunta”. Isto é
totalmente falso, xa que nin a CIG, no seu conxunto, nin as súas federacións de
Ensino e Administración recolleron nunca ningunha listaxe deste tipo.
14/11/2008
"La Voz" en Vigo publica un artigo cheo de inexactitudes sobre esta nova
O pasado 11 de novembro celebráronse as eleccións sindicais na empresa Dornier, que é a empresa adxudicataria da Xestión do Estacionamento Regulado. Nestes comicios os traballadores e traballadoras escolleron 5 delegados/as, dos que 3 son para a CIG e 2 para UGT. Unha nova en "La Voz de Galicia", que falaba deste proceso electoral, provocou malestar na sección sindical da CIG en Dornier, que solicitou o dereito de rectificación neste xornal.