5/11/2009
Organizada por Fesga, o vindeiro venres 6 de novembro, ás 20:00 horas no Salón de Actos da CIG de Vigo
O vindeiro 6 de novembro ás 20:00 horas, no Salón de Actos da CIG, en Vigo, na rúa Gregorio Espino, Leonardo Batalla, membro do Departamento de Relacións Internacionais do PIT-CNT e integrante do Grupo Coordenador do Encontro Sindical Nossa América, dará unha conferencia-coloquio sobre a situación política e social no Uruguai, informando ademais sobre a actualidade da articulación continental do sindicalismo de clase e dos movementos populares na América Latina.
17/11/2008
Na xornada de formación interna organizada, para o xoves día 20, pola Secretaría de Formación Sindical da CIG
Leonardo Batalla, Responsábel de Relacións Internacionais
da Asociación de Bancarios do Uruguai (AEBU) e membro da Comisión Interrnacional
do partido Comunista de Uruguai, particiaprá o próximo xoves, día 20 de
novembro, a partir das 9:45 nunha charla coloquio baixo o título “Desafíos
actuais da clase traballadora no Uruguai”. A xornada, organizada pola Secretaría
de Formación Sindical da CIG, terá lugar, como en anteriores ocasións, en Teo.