17/3/2011
A plataforma cidadá convocará un gran acto nacional en Compostela o 30 de abril e concentracións simultáneas en distintas localidades o Día das Letras Galegas
Queremos Galego impulsará un calendario de mobilizacións cando se fan dous anos de goberno de Alberto Núñez Feijoo na presidencia da Xunta. Así o vén de anunciar a plataforma cidadá, formada por máis de 700 entidades de diferentes ámbitos sociais, que ten previsto organizar un grande acto nacional de carácter lúdico-reivindicativo en Santiago de Compostela o sábado 30 de abril e mobilizacións simultáneas en distintas localidades do País para o vindeiro 17 de maio.
14/2/2011
O responsábel provincial xustificou o envío de libros e xogos só en castelán nos resultados da enquisa realizada aos pais e nais
A CIG-Ensino vén de denunciar que a Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra enviou ao colexio de Randufe en Tui material só en español para a nova aula de infantil. O Xefe Territorial xustificou o envío do devandito material, unha ducia de libros e varios xogos para adquisición da lectoescritura, botando man dos resultados da enquisa realizada aos pais e nais sobre a lingua materna dos nenos e das nenas.
14/12/2010
A plataforma cidadá lamenta “a oportunidade perdida” polo Goberno e o Partido Popular para restabelecer os consensos básicos arredor da nosa lingua propia e que prefiran “continuar coa inxustiza dos ataques contra o galego”
A Plataforma Cidadá Queremos Galego chama ao conxunto da sociedade a continuar “coa loita cívica polo dereito a poder vivir en galego na nosa propia terra” logo de que o pleno do Parlamento de Galiza rexeitase este mediodía, cos votos en contra do Partido Popular, a toma en consideración da Proposición de Lei sobre o uso do galego polas Administracións de Galiza e no ámbito do ensino impulsada ao longo dos últimos meses pola plataforma mediante o procedemento de iniciativa lexislativa popular (ILP).
14/12/2010
A proposición de lei pretende “garantir inequivocamente” o uso oficial do galego no ensino e nas administracións públicas de Galiza para que a cidadanía poida “exercer plenamente os seus dereitos lingüísticos”
O pleno do Parlamento de Galiza debaterá hoxe, 14 de decembro, a toma en consideración da proposición de lei impulsada no seu día pola Plataforma Cidadá Queremos Galego para “a garantía e protección dos dereitos lingüísticos no ensino e no ámbito das administracións públicas” a través do procedemento de Iniciativa Lexislativa Popular (ILP).
18/10/2010
Será presentada como proposición de Lei polo BNG logo de ser rexeitada a súa tramitación como Iniciativa Lexislativa Popular polo PP na Mesa do Parlamento
Representantes de diversas organizacións e
colectivos integrados na plataforma cidadá Queremos Galego -entre os que se
atopaban o secretario
xeral da CIG, Suso Seixo ou o secretario nacional de
CIG-Ensino, Anxo Louzao- presentaron no rexistro do Parlamento de Galiza preto
de 30.000 sinaturas recollidas en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular en
defensa dos dereitos lingüísticos. A plataforma escolleu esta emblemática data
por coincidir co día no que se celebrou, en 2009, a máis grande manifestación
cívica a prol do galego.
11/6/2010
A Federación advirte que o alumnado pode quedar privado do uso da lingua galega
A CIG-Ensino denuncia que o cuestionario enviado esta semana pola Consellaría de Educación aos centros para a súa distribución entre os pais e nais vai dar lugar ao incumprimento dos dereitos lingüísticos do alumnado, pois pode dar como resultado a falta de contacto coa súa lingua propia, incumprindo así a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos e procura a desaparición do galego como lingua vehicular na educación infantil.
14/5/2010
O Comité Provincial de Pontevedra acordou apoiar a manifestación convocada por Queremos Galego o 17 de Maio
O Comité Provincial de Telefónica de Pontevedra acordou en pleno ordinario apoiar a manifestación convocada por Queremos Galego o vindeiro 17 de Maio en Compostela. O acordo adoptouse a proposta presentada pola Sección Sindical da CIG na empresa, que ademais, remitiu un comunicado a todo o persoal animándoo a participar nesta xornada reivindicativa. Dende a CIG-Telefónica levan anos reclamando á multinacional a inclusión do idioma galego entre os criterios de selección de persoal e que se elabore unha norma de calidade que garanta que os clientes van ser atendidos na súa lingua.