19/2/2010
De novo, contou cun cordón policial e unha presenza policial abusiva
O venres desde as once da mañá de novo perto de trescentos delegados e delegadas do sector Servizos e das tres centrais sindicais - CIG, CCOO e UGT- mobilizábanse fronte ao Alcampo de Coia para amosar o seu rexeitamento aos doce despedimentos de traballadores e traballadoras que levaban até 25 anos realizando labores de limpeza neste centro comercial. Anunciaron que continuarán coas mobilizacións, e que de non mudar a situación actual, variarían o tipo de concentracións e actos levados até o de agora.
18/2/2010
Solicitan que Traballo medie neste conflito e que respecte a subrogación destas traballadoras/es
O venres día 19 de febreiro as tres centrais sindicais, CIG, CCOO e UGT teñen convocada unha nova mobilización: unha concentración de delegadas/os masiva nas portas de Alcampo de Coia de 11:00 a 13:00 horas para amosar o rexeitamento aos despedimentos da limpeza neste centro de traballo, asi como a solidariedade coas compañeiras e compañeiros despedidos.
15/9/2009
O persoal da nova contrata adxudicataria do servizo iniciará unha campaña de denuncia pola redución de horas de traballo
Coincidindo coa segunda xornada de folga, as traballadoras de Limpezas Ames cobraron, por fin, as nóminas dos tres últimos meses, que a empresa aínda lles adebedaba. Así, a concentración que tiñan previsto desenvolver na mañá do martes 15 de setembro diante do Concello, quedou finalmente suspendida, á espera de que a empresaria continúe pagando os salarios nos vindeiros meses.
11/9/2009
O persoal leva tres meses sen cobrar os seus salarios
As traballadoras de Limpezas irán a folga a partir do vindeiro luns 14 de setembro para reclamar o abonamento das tres mensualidades que a empresa lles adebeda. A folga, que se manterá de xeito indefinido até que as traballadoras cobren os salarios, afectará a diversas oficinas municipais do Concello de Ames e ao Colexio de Ventín, onde a empresa realiza as labores de limpeza.
17/11/2008
Seguimento maioritario das traballadoras/es do sector
O 17 de novembro comezaba ás doce da noite a folga na limpeza de locais e edificios pola negociación do convenio provincial de Pontevedra deste sector. Esta folga ten carácter indefinido e está a ter unha importante repercusión nas áreas comerciais, aeroporto, na Universidade de Vigo, ambulatorios, xa que se está a visibilizar o conflito destas traballadoras e traballadores, e a súa loita por un convenio xusto e polas melloras laborais e sociais que tan necesarias son neste sector tan precarizado, que ten un salario medio de 753 euros.