5/4/2011
“Polo dereito a decidir as nosas condicións laborais e sociais”
Arredor de 6.000 persoas -entre as que
participaron uns 1.500 delegados e delegadas da CIG- manifestáronse polas rúas
de Madrid na mobilización convocada polas organizacións sindicais nacionalistas
vascas ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE, HIRU, a catalá CSC, a canaria IC e a CIG, baixo
o lema “Polo dereito a decidir as nosas condicións laborais e sociais”. No interior, VIDEO da intervención íntegra de Suso Seixo, secretario xeral da CIG.
22/3/2011
A central fretará autobuses para participar na manifestación convocada de xeito conxunto coa maioría sindical vasca e na que tamén estarán organizacións cataláns e canarias
A Confederación Intersindical Galega e a maioría sindical vasca (ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE e HIRU) van desenvolver unha manifestación o vindeiro 5 de abril en Madrid en contra das reformas do goberno (concretamente a reforma das pensións e da negociación colectiva) e na defensa do dereito a decidir nos propios territorios as condicións laborais e sociais. Na marcha agárdase que participen arredor de 3.500 delegados e delegadas de todas as organizacións sindicais, dos/as que uns 1.200 serán representantes sindicais da CIG.
14/10/2009
Atenta contra dereitos fundamentais e pon en cuestión, unha vez máis, a separación de poderes e ao propio Estado de Dereito
A Executiva Confederal da CIG quere facer público a seu rexeitamento á detención da que foron obxecto onte unha decena de persoas na sede do sindicato LAB ou nos seus propios domicilios. A CIG considera que con este tipo de actuacións vulnéranse dereitos fundamentais individuais e colectivos e que se atenta contra principios básicos que deberían ser inalienábeis nun Estado de Dereito.
A CIG considera que estas detencións rachan co principio de separación de
poderes ao utilizaren o executivo e, nomeadamente, o Ministerio do
Interior, á Audiencia Nacional para realizar unhas detencións que teñen
unha clara finalidade política. Máis cando a separación de Poderes
representa un principio básico dos chamados Estados de Dereito para
garantir unha independencia xudicial que no Estado Español está cada
vez máis en dúbida.
18/1/2008
O acto contou coa participación do secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga
A Libraría Couceiro de Compostela acolleu a presentación en Galiza do libro `Galegos en Bizkaia-Galiziarrak Bizkaian´, que recolle unha escolma de poemas de Gabriel Aresti e Manuel María, introducidos e comentados por Xurxo Martínez Crespo e Raúl Río Díaz. O acto contou coa participación do secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga.
16/1/2008
O venres 18 ás 10:00 horas en Compostela
A CIG organiza, o próximo venres día 18 de xaneiro, unhas xornadas internas de formación político-sindical en Compostela, nas que se contará coa presenza do secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga.