14/10/2009
Atenta contra dereitos fundamentais e pon en cuestión, unha vez máis, a separación de poderes e ao propio Estado de Dereito
A Executiva Confederal da CIG quere facer público a seu rexeitamento á detención da que foron obxecto onte unha decena de persoas na sede do sindicato LAB ou nos seus propios domicilios. A CIG considera que con este tipo de actuacións vulnéranse dereitos fundamentais individuais e colectivos e que se atenta contra principios básicos que deberían ser inalienábeis nun Estado de Dereito.
A CIG considera que estas detencións rachan co principio de separación de
poderes ao utilizaren o executivo e, nomeadamente, o Ministerio do
Interior, á Audiencia Nacional para realizar unhas detencións que teñen
unha clara finalidade política. Máis cando a separación de Poderes
representa un principio básico dos chamados Estados de Dereito para
garantir unha independencia xudicial que no Estado Español está cada
vez máis en dúbida.
18/1/2008
O acto contou coa participación do secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga
A Libraría Couceiro de Compostela acolleu a presentación en Galiza do libro `Galegos en Bizkaia-Galiziarrak Bizkaian´, que recolle unha escolma de poemas de Gabriel Aresti e Manuel María, introducidos e comentados por Xurxo Martínez Crespo e Raúl Río Díaz. O acto contou coa participación do secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga.
16/1/2008
O venres 18 ás 10:00 horas en Compostela
A CIG organiza, o próximo venres día 18 de xaneiro, unhas xornadas internas de formación político-sindical en Compostela, nas que se contará coa presenza do secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga.