24/11/2011
Delfín Fernández denegou a autorización para celebrar unha concentración na Xunta este 25-N
A CIG denuncia que o subdelegado do
Goberno español en funcións denegoulle a autorización para
realizar unha concentración diante do Edificio Administrativo da
Xunta de Galiza en Pontevedra con motivo do Día Internacional para a
Eliminación da Violencia contra as Mulleres que se celebra este 25
de novembro. Dende a central nacionalista critican a falta de
sensibilidade de Delfín Fernández cunha lacra social contra a que
berrarán os milleiros de persoas que participarán nos actos
convocados nas distintas comarcas do país.
2/2/2011
O BNG, dando conta das peticións da central, leva esta tarde ao Parlamento unha proposta non de lei sobre a situación en Galiza da atención xudicial ás vítimas
O Consello Xeral do Poder Xudicial, a raíz dun escrito remitido pola CIG, acordou dirixirse ao Ministerio de Xustiza e Igualdade para instar ao goberno a desenvolver a Lei integral de violencia de xénero e crear, no menor espazo de tempo, as agrupacións de partidos xudiciais nesta materia que permitan dar unha atención axeitada ás vítimas. A dotación de xulgados especializados en cada unha das sete cidades galegas é unha reivindicación que a Federación de Administración Pública vén facendo dende hai anos.
25/11/2010
A Secretaría Confederal de Muller denuncia o desmantelamento, por parte da Xunta de Galiza, das políticas de Igualdade
Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, a CIG desenvolveu diversos actos de protesta nas cidades de A Coruña, Lugo, Ourense e Ferrol, en resposta ás múltiples formas de violencia que continúan a padecer as mulleres e contra o desmantelamento, por parte da Xunta, das políticas de igualdade. Este ano, a central sindical está a desenvolver unha campaña baixo o lema “Dez pasos para facermos fronte á violencia sexista”; un decálogo no que a CIG reitera o compromiso na loita contra a violencia de xénero, a través da formulación dunha denuncia pública das distintas discriminacións que seguen a sufrir as mulleres en todos os ámbitos.
24/11/2010
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A CIG-Ensino fai un chamamento a toda a comunidade escolar para que o Día Internacional contra a violencia de xénero non pase desapercibido e se programen actividades que insten a reflexionar sobre unha das lacras máis execrables da sociedade actual.
24/11/2010
Terían que contar con persoal técnico especializado e coas instalacións acaídas, como habitáculos separados para vítima e agresor
O sector de Xustiza da CIG-Administración Pública vén de presentar un informe no que se recollen os problemas relacionados co funcionamento dos xulgados de violencia de xénero. Consideran que os dous existentes neste intre, Vigo e Coruña, son insuficientes e demandan a creación de unidades específicas con carácter comarcal en cada unha das sete cidades de Galiza. Entenden que os 4.000 casos que entraron nos xulgados de Galiza nos seis primeiros meses deste ano, dos que arredor de 1.200 foron aos especializados de Vigo e Coruña, así o xustifican.
22/11/2010
Considera que utiliza a crise económica como xustificación para recortar os orzamentos na materia, en concreto nun 17,8%, nos destinados a violencia de xénero
A secretaría da muller da CIG vén de presentar a campaña que está a desenvolver con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Campaña que, nesta ocasión, leva o lema “Dez pasos para facermos fronte á violencia sexista”. Margarida Corral, secretaria confederal de Muller e Mocidade denunciou ademais que “gobernos de distinta índole toman como escusa a crise económica para desmantelar sen ningún pudor as políticas de igualdade que tantos séculos custou acadar”.
25/11/2009
Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O día 25 de novembro, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, CIG, CCOO, UGT e STEG levaron a cabo unha concentración diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, co obxectivo de denunciar a actitude da administración educativa que acordou subvencionar aos centros do Opus Dei que segregan ao alumnado por razóns de sexo, a pesares de que o anterior goberno tivera informado negativamente ditos concertos debido a que incumprían a lexislación educativa vixente.