23/6/2011
Diante das informacións publicadas nos medios a respecto da presentación dun ERE no ente cameral
A CIG-Banca de Ferrol, diante das noticias sobre a presentación dun ERE na Cámara de Comercio, amosou o seu rexeitamento a calquera medida que supoña a extinción de contratos de traballo e aposta pola busca de solucións e propostas que permitan garantir a viabilidade futura da totalidade dos empregos neste ente.
7/5/2009
En Pontevedra pecháronse na sede dos empresarios
O 7 de maio arrincaba unha nova xornada de folga para o sector do Metal na provincia de Pontevedra. Desde primeira hora da mañá xuntáronse os piquetes nas distintas zonas, para as dez da mañá achegarse até o Recinto Feiral de Vigo, Ifevi, onde ocuparon o Salón de Automóbil, que estes dias está neste espazo, pechando as portas do recinto "porque hoxe o salón do Automóbil é para os traballadores do Metal e para ninguén máis". Mentres en Pontevedra, o grupo de piquetes de Marín ocupaba a sede dos empresarios desta comarca, asi como se pechaban no Hotel no que se celebraban unhas Xornadas sobre a Lei Concursal.
20/11/2008
A patronal non comparece nunha reunión convocada pola Xunta
Cuarta xornada de folga indefinida no sector da limpeza, que levou ás piquetes a realizar novas accións como a ocupación da sede da Cámara de Comercio en Pontevedra, ou a unha manifestación ao longo de toda a mañá en Vigo de perto de 400 traballadoras/es do sector polo centro da cidade. Na tarde do 20 de novembro había convocada unha reunión con Pilar Cancela, directora xeral de Relacións Laborais, mais a patronal non compareceu ao asegurar que non negocia con "vándalos".