18/6/2013
A CIG entregou un escrito en sede xudicial reclamando a non extinción dos contratos xa que a empresa recibiu axudas públicas condicionadas ao mantemento do emprego
Un grupo de traballadores/as da empresa T-Solar de Ourense mobilizouse onte en Vigo convocados pola CIG e a CUT para rexeitar o ERE extintivo que afectará os 170 empregados/as da firma enerxética. Ás 11.00 horas concentráronse diante do Xulgado do Mercantil 3, onde a central nacionalista fixo entrega dun escrito no que se reclama a non extinción dos contratos xa que a firma recibiu axudas públicas condicionadas ao mantemento do emprego, e posteriormente ocuparon as oficinas do grupo Isolux, propietario da empresa.
18/6/2013
Os traballadores/as manteñen unha acampada ás portas da compañía dende o domingo para reclamar o mantemento dos empregos
O presidente e un delegado do comité
de Biofabri -os dous da CIG, que ten tres representantes- abandonaron
onte á noite o peche iniciado pola tarde no interior das
instalacións da empresa no Porriño despois de que a última das
xuntanzas coa dirección rematase sen acordo. Un grupo de
traballadores/as, ao igual que o terceiro delegado da central
nacionalista, permanecen acampados no exterior da fábrica dende o
domingo á noite para rexeitar os despedimentos previstos pola
dirección.
18/6/2013
Subliñan que os problemas da compañía derivan da “erráticas decisións políticas” tomadas polos diferentes gobernos
Ante a dimisión do Conselleiro delegado de Navantia, Jaime de Rábago, a Sección Sindical da CIG en Navantia denuncia a falta de responsabilidade e despreocupación do Goberno do estado, a través da SEPI, na dirección da empresa pública. Unha empresa que, lembran, está a atravesar uns dos momentos máis complicados da súa historia, sen carga de traballo e sen convenio; situación esta última que se arrastra dende hai xa tres anos, “como vimos denunciando os traballadores/as”.
13/6/2013
A central nacionalista galega reitera a necesidade dun paro xeral na comarca de Vigo, onde o impacto socioeconómico da crise do sector é moito maior que noutras zonas
Os sindicatos CIG, CCOO, UGT, ELA e CAT
decidiron convocar unha xornada de folga nos estaleiros privados do
Estado español o vindeiro xoves 20 de xuño ante a dramática
situación que atravesa o sector. Dende a central nacionalista galega
reiteran a necesidade dun paro xeral na comarca de Vigo “xa que o
impacto socioeconómico da desaparición do sector sería moito maior
que noutras zonas”.
12/6/2013
Dende a central lembran que as axudas públicas recibidas pola compañía estaban condicionadas ao mantemento do emprego até 2014
A CIG-Metal vén de remitir escritos ás Consellerías de Economía, Traballo e Facenda reclamándolles que insten o Xulgado do Mercantil número 3 de Vigo a rexeitar a aprobación do ERE extintivo para 170 traballadores/as “en base a que as subvencións e axudas concedidas pola Administración autonómica estaban condicionadas ao mantemento do emprego até xuño de 2014”. A central nacionalista solicita tamén a certificación das axudas, avais e subvencións concedidas pola Xunta á empresa dende o seu inicio até a actualidade.
6/6/2013
A CIG aposta pola convocatoria dunha folga comarcal e chama a participar na manifestación do mércores 12
Traballadores/as do naval
da Ría de Vigo potagonizaon hoxe novas mobilizacións na cidade para
denunciar a pasividade dos Gobernos español e galego ante a grave
crise que atravesa o sector e para reclamar carga de traballo para
unha industria fundamental para a economía da comarca. A CIG segue a
apostar pola convocatoria dunha folga comarcal e anima á veciñanza
a participar na maniesfestación do vindeiro mércores día 12 en
defensa do emprego.
5/6/2013
Os operarios/as concentráronse diante dos xulgados e posteriormente levaron a protesta até o Concello para pedir a dimisión do alcalde da cidade
Miles de traballadores e traballadoras de Navantia e as industrias auxiliares desenvolvían na mañá deste mércores unha inesperada mobilización diante dos xulgados de Ferrol e as portas do Concello. A protesta solidaria veu motivada tras coñecerse que a policía detivera a un compañeiro no seu domicilio, por mor dos sucesos acontecidos o pasado xoves, logo de que o Goberno local acordase pechar as portas do Concello antes do inicio do pleno municipal.