2/1/2012
A empresa impuxo unha sanción por unha infracción moi grave a un traballador por negarse a descargar un camión estacionado no medio da rúa, por onde circulan os vehículos
Delegados e delegadas da CIG desenvolveron esta mañá unha nova protesta en contra da persecución e acoso que Gadis está a realizar contra un membro do Comité provincial da Coruña e afiliado á central nacionalista. A empresa de distribución impuxo unha sanción por falta moi grave a este delegado, logo de negarse a realizar a descarga dun camión estacionado no medio da rúa que rodea a Praza de Lugo, e por onde circulan os vehículos.
23/12/2011
A empresa impúxolle unha sanción exemplarizante logo de negarse a realizar a descarga dun camión en plena rúa, nunha zona non habilitada
Delegados e delegadas da CIG desenvolveron esta mañá unha protesta no supermercado que Gadis ten na Praza de Lugo da Coruña en contra da persecución e acoso que a empresa está a practicar contra un membro do Comité provincial e afiliado á central nacionalista. A empresa de distribución vén de impor unha sanción por falta moi grave a este delegado por negarse a realizar a descarga dun camión estacionado no medio da rúa pola que circulaban os vehículos.
2/7/2011
Obtén o 40% dos votos a pesar das presións e das artimañas utilizadas pola empresa para reducir a presenza da central nacionalista
Máis de 2.000 traballadores/as estaban chamados ás urnas na rede de distribución comercial do Grupo GADIS en 90 centros espallados por toda a provincia coruñesa, nunhas eleccións nas que a CIG conseguiu un resultado espectacular ao obter máis do 40% do apoio do persoal, o que supón uns 600 votos e 9 delegados/as. Dende a Federación de Servizos valoran especialmente este resultado, xa que o proceso desenvolveuse baixo as habituais presións e os intentos da dirección por prexudicar o sindicato nacionalista a través da influencia dos encargados no voto, da contratación a última hora para inflar o censo, de se celebraren as eleccións en período de vacacións ou da difusión de mensaxes apocalípticas no caso de que gañase CIG.
16/6/2011
A federación de Servizos logrou manter a lista e conseguiu 80 votos a pesar das ameazas da compañía ás súas representantes
A Confederación Intersindical Galega
logrou representación no comité de empresa de Gadis da provincia de
Pontevedra a primeira vez que foi quen de conformar unha candidatura
e obtivo dúas delegadas/as nas eleccións sindicais celebradas
recentemente. A federación de Servizos sumou 80 votos nunha consulta
marcada polas presións e ameazas exercidas por parte da empresa de
alimentación contra os integrantes da lista da central galega.
26/5/2011
A empresa, que busca limitar a presenza da central nacionalista, despediu a dous traballadores que se ían presentar na candidatura da CIG e enganou cunha falsa promesa de contrato a irmá dunha delegada
A CIG-Servizos compareceu esta mañá en rolda de prensa para denunciar a campaña de represión que o Grupo Gadis está a realizar contra os candidatos/as da CIG, ás portas das eleccións sindicais no conglomerado empresarial. Dende a Federación explican que, ao igual que ten acontecido en procesos anteriores, Gadis iniciou esta persecución co despedimentos de dous candidatos da central nacionalista e aplicando diversos métodos de coacción entre o persoal, que mesmo afectan aos seus familiares.
14/12/2009
Néganlles a posibilidade de traballar en festivos para que non poidan recuperar os cartos
O pasado domingo día 6 de decembro, un grupo de delegados e delegadas de comercio de alimentación concentrábanse diante dun centro de traballo de Gadis en solidariedade cunha delegada polas presións que ela e máis as súas compañeiras están a sufrir por teren participado na folga convocada no sector en demanda dun convenio digno.
4/12/2009
A CIG rexeita o texto xa que as condicións estabelecidas son moi inferiores ás da plataforma sindical e mesmo ás acadadas en Pontevedra
Na madrugada do xoves ao venres, logo dunha prolongada negociación e co precedente de Pontevedra, acadábase un preacordo para o convenio do comercio da alimentación na provincia de A Coruña entre a patronal, UGT e CCOO, que a CIG non asinou por tratarse dun convenio moi inferior ao de Pontevedra e que afonda nas desigualdades que existen entre os traballadores/as das dúas provincias.