9/6/2011
Demanda a creación dun Salario de Inserción Social para garantir que os parados que non cobran xa ningunha prestación, un 40% do total, non caian na “pobreza e a marxinalidade”
A CIG presentou esta mañá, en rolda de prensa, a “Marcha Galega polo Emprego”. Unha gran mobilización na que se agarda que participen desempregados/as de toda Galiza, que percorrerán a pé o país, partindo inicialmente das cidades, o día 29 de xuño, para rematar o 3 de xullo en Compostela, cunha manifestación nacional. Con esta marcha preténdese sensibilizar á poboación ante o grande problema que supón o paro e exixir a posta en marcha de toda unha serie de medidas que permitan o crecemento económico e a creación de emprego, fronte as políticas neoliberais aplicadas até o de agora, que provocaron unicamente a precarización das condicións laborais.
3/2/2010
Anuncia mobilizacións de caracter comarcal e, nos aspectos nos que sexa posíbel, nacional para demandar a súa aplicación
A Confederación Intersindical Galega vén de presentar o documento “Políticas alternativas fronte a crise”, onde se analiza o actual contexto de crise económica e se apuntan medidas dirixidas non só a enfrontala senón mesmo a camiñar cara un novo modelo económico e produtivo. Suso Seixo, secretario xeral da CIG, adiantou na súa presentación, que estas propostas non quedarán só no papel, senón que o obxectivo é “propiciar un debate para que se tome consciencia da situación” e iniciar mobilizacións para exixir a súa aplicación.
21/11/2008
Un cento de traballadores péchase nas instalacións da empresa
Copo Ibérica, auxiliar da automoción radicada en Mos, anunciou o 21 de novembro o despedimento do 18 obreiros indefinidos. A medida foi comunicada a primeira hora do día ao comité e despois a cada un dos afectados. A resposta dos compañeiros non se fixo agardar e un cento deles iniciou un peche indefinido nas instalacións da empresa.