Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
gabinete de saúde laboral
28/4/2010 O Gabinete de Saúde Laboral da Confederación xa presentou denuncia na Fiscalía por delito contra a saúde dos traballadores/as
Os primeiro resultados das análises realizadas ás mostras recollidas nas obras da central de Caixanova en Vigo confirmaron a presenza de amianto no edificio. Dende a sección sindical da CIG exixiron que se investigue o impacto da exposición do po de amianto e como pode afectar na saúde dos 500 empregados/as que traballan na central.
30/3/2010 Impartiranse nos meses de abril e maio
Nos meses de abril e maio impartiranse dous cursos do Gabinete de Saúde Laboral en Valdeorras, un específico para a prevención para traballadores e traballadoras da lousa e outro xenérico de prevención de riscos laborais.
10/11/2009 O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG vén de presentar denuncia ante a Inspección de Traballo
O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG vén de presentar denuncia diante da Inspección de Traballo contra a Xefatura Territorial en Ourense da Consellaría do Medio Rural por non ter realizada a avaliación de riscos dos postos de traballo adscritos a cinco distritos forestais e ambientais, no referido ás funcións e cometidos profesionais que realizan fóra das oficinas, e nos que se ocupa a uns 160 traballadores/as.
24/6/2009 Máis de 250 persoas participarán na xornada do venres 26 de xuño, organizada polo Gabinete de Saúde Laboral
O vindeiro venres 26 de xuño o Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG celebrará a Xornada Técnica “A avaliación de Riscos: unha necesidade inescusábel”, na que se poñerá de manifesto a importancia da avaliación de riscos laborais como o instrumento básico para lograr unha xestión eficaz da seguridade e a saúde no traballo. A xornada trasladarase até a rúa para aproximar a transcendencia desta cuestión a toda a poboación, desenvolvéndose nunha carpa instalada para tal fin no Cantón de Molíns de Ferrol.
26/5/2009 Organizada polo Gabinete Técnido de Saúde Laboralda CIG
O mércores 27 de maio, no Centro Especial de Emprego Aixiña, organizado polo Gabinete Técnico de Saúde Laboral, celebrarase unha Xornada para delegados e delegadas da CIG baixo o título “Organismos Públicos relacionados coa Prevención de Riscos”. A xornada comezará ás 09:00 horas e contará coa participación de representantes de grande nivel de organismos e institucións relacionados coa materia.
28/4/2009 Comunicado do Gabinete de Seguridade e Saúde Laboral da CIG no Día das Víctimas das malas condición de traballo
Dende que, vai xa para 14 anos, o sindicalismo internacional adoptou o 28 de abril como xornada de lembranza para as víctimas do traballo, non moitas cousas teñen mellorado a este respecto, de feito, cada 15 segundos morre no mundo un traballador/a como consecuencia dun accidente de traballo ou dunha enfermidade relacionada co traballo, preto de 5.500 o farán cando remate o día. Datos escandalosos que, no caso da Galiza, maniféstanse en 72 persoas mortas por causa de accidentes laborais e máis de 1.200 traballadores e traballadoras afectados por unha enfermidade profesional.
17/2/2009 Pretende converterse nunha ferramenta para fortalecer os coñecementos neste eido
O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG presentou o martes 17 de xaneiro a súa nova páxina web (www.cigsaudelaboral.org), concibida como unha nova ferramenta destinada a fortalecer os coñecementos da clase traballadora en materia de seguridade e saúde laboral e como elemento que dea respostas as exixencias en materia de saúde laboral presentadas polas comarcas e as Federacións da CIG”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com