30/6/2010
A CIG-Servizos denuncia as pretensión da Xunta de reducir gastos “suprimindo empregos xa precarizados”
A Xunta de Galiza vén de destruír seis postos de traballo ao prescindir do servizo de seguridade, conserxería e mantemento do Centro de Innovación e Servizos do Deseño e a Tecnoloxía de Galiza, situado en Ferrol e dependente dunha Fundación da administración galega. Dende a CIG-Servizos denuncian que a Xunta pretende reducir gastos suprimindo empregos e “comezando polo anel máis feble da cadea, as traballadores e traballadoras das subcontratas”.
26/11/2008
Concentración fronte a esta cárcere
As centrais sindicais CIG, ACAIP, APFT, ATP, CCOO, CSIF, UGT e USO convocaron unha concentración diante do Centro de Inserción Social de Vigo (CIS), na Avenida de Madrid 106 o 26 de novembro ás 10.30. Con esta mobilización queren denunciar publicamente a situación precaria, discriminatoria e marxinal do Centro de Inserción Social penitenciaria de Vigo, ao non contemplar cadro de persoal de traballadores e traballadoras, como xa teñen previsto para os CIS do resto do Estado.