marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
manifestación
25/2/2010 O 25 de marzo xa está prevista unha nova manifestación, na que se fará un especial chamamento á cidadania
20100224chuvi
Pouco despois das oito da tarde foi cando a chuvia deu unha tregua e a manifestación convocada pola Xunta de Persoal do Chuvi podia comezar a súa mobilización. Despois dunha xornada de folga na que conseguiron paralizar a actividade ordinaria dos hospitais do Chuvi, saían ás rúas da cidade olívica para demandar unha sanidade pública e que non se privatice o novo hospital de Vigo.
4/2/2010 Xornada de loita polo afastamento da familia Lago da conserveira e unha maior implicación da Administración
20100204alfageme
O 4 de febreiro estaba convocada nos centros de traballo da conserveira Alfageme de Vigo e Ribadumia unha folga pola inactividade industrial na planta de Vigo, o impago de salarios, asi como a grave situación que atravesa o grupo, e a falta de interlocución da Xunta, que despois de levantar os peches o 25 de xaneiro non volveu dar sinais á representación sindical do persoal da conserveira.
2/2/2010 Centos de persoas amosan o seu rexeitamento ao modelo que a Xunta pretende implantar
02-02-10 Mobilización contra privatización sanidade
Preto de 2.000 persoas participaron este martes 2 de febreiro na concentración-manifestación celebrada diante do Hospital Xeral de Vigo. Para a CIG-Saúde a gran participación neste mobilización demostra a sensibilización que o persoal ten en contra da privatización de servizos na sanidade publica que pretende levar a cabo a Xunta.
29/1/2010 A marcha, convocada por CIG, UGT e CCOO, rematou diante da Deputación provincial logo dunha carga da policía
10-01-29 Manifestación Bombeiros
Arredor de mil persoas, entre bombeiros chegados de toda Galiza e delegados/as sindicais, participaron na manifestación convocada este venres en A Coruña, en contra da privatización dos servizos de emerxencia. A protesta, que transcorreu entre os ruídos das sirenas e os petardos, rematou diante do edificio da Deputación provincial, onde se produciu unha carga policial na que varios bombeiros resultaron feridos feridos, e onde tampouco foron recibidos os representantes dos traballadores/as polo presidente do organismo, Salvador Fernández Moreda.
25/1/2010 As tres organizacións sindicais convocan unha manifestación nacional o venres 29 de xaneiro en A Coruña
10-01-25 RP manifestación emerxencias
Logo da manifestación do pasado mes de novembro en Compostela, os bombeiros de toda Galiza retomarán este venres 29 de xaneiro, en A Coruña, as mobilizacións na defensa dun servizo público de emerxencias, contra da precarización que existe no servizo e a prol da constitución dun estatuto do bombeiro profesional. Coa marcha, que sairá ás 11:30 horas da Praza da Palloza e rematará diante da Deputación provincial, quérese denunciar a privatización duns servizos esencias para a cidadanía, pero cuxa xestión depende dos intereses das empresas concesionarias.
21/1/2010 Os estudantes sumáronse masivamente á marcha
10-01-21 Paremos o decreto! XXXIX
A manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego colapsou Compostela superando mesmo a asistencia prevista pola organización, que cifrou a participación nunhas 80.000 persoas, cunha máis que significativa asistencia de estudantes, que apoiaron masivamente a mobilización. A plataforma cidadá tamén valorou como un éxito o seguimento da folga convocada no ensino, que foi secundada por preto do 90% do profesorado e o estudantado.