12/4/2012
Dende a CIG-Metal denuncian que lle rescindiron o contrato por baixo rendemento cando ten recoñecida unha limitación
Os traballadores/as da empresa Maier Ferroplast SL volveron ás mobilizacións diante da sede da compañía, no polígono porriñés da Granxa, para reclamar a readmisión dun compañeiro despedido. Dende a CIG explican que o afectado, técnico de mantemento na firma auxiliar da automoción que fabrica plásticos de interior para automóbil e que emprega a unhas 220 persoas, foi despedido despois de máis de 13 anos na empresa acusado de baixo rendemento. Ao parecer, a dirección tería comparado o tempo que tarda en desenvolver o seu labor co do resto dos seus compañeiros/as.
19/1/2012
A CIG denuncia que as empregadas foron despedidas para seren substituídas por outras en peores condicións laborais
As cerca de 20 ex traballadoras do
servizo de acompañamento escolar de Monbús afiliadas á CIG
realizaron hoxe unha concentración diante do SMAC coincidindo cos
actos de conciliación das demandas presentadas polas 30 empregadas
despedidas en decembro pola empresa, que continuarán polo Xulgado do Social despois de que non se chegase a un acordo. Dende a central nacionalista
denuncian que a compañía pontevedresa rescindiulles os contratos
para substituílas por outras persoas en peores condicións laborais.
22/12/2011
Os traballadores/as concentráronse diante da sede da compañía en sinal de protesta
O persoal da empresa Establecementos Pérez Leirós do Porriño convocou recentemente unha nova xornada de folga para protestar contra o crecente deterioro da compañía, que adebeda varias pagas extraordinarias, ademais do salario de setembro a varias persoas, e de outubro en diante a todo o persoal.
9/6/2011
A xefa territorial de Relacións Laborais respondeu á petición por escrito dos sindicatos convocando unha reunión entre as partes
Os representantes da CIG, CCOO e UGT na
mesa negociadora do convenio do sector de Mármores e Pedras de
Pontevedra que se pecharon o luns pasado no cluster do granito no
Porriño para esixir o desbloqueo das conversas decidiron hoxe a
poñer fin á protesta despois de que a Xunta de Galiza se decidise a
intervir. Horas despois de que os sindicalistas presentasen un
escrito na delegación de Traballo en Vigo solicitando a súa
colaboración para solucionar o conflito, a xefa territorial de
Relacións Laborais comunicoulles por fax que o vindeiro martes están
convocados a unha xuntanza coa patronal.
8/6/2011
Manteñen dende o luns un encerro nas instalacións da patronal para esixir o desbloqueo do convenio do Mármore e das Pedras
Os representantes da CIG, CCOO e UGT na
mesa negociadora do convenio colectivo do sector de Mármores e
Pedras de Pontevedra que permanecen dende o luns pechados no cluster
do granito no Porriño para esixir o desbloqueo das conversas reclamaron hoxe a intervención da Xunta de Galiza no
conflito. Ao mesmo tempo, denunciaron a actitude do Goberno galego,
que horas despois do inicio do encerro enviou á Policía autonómica
para o seu desaloxo, que non se produciu polas xestións da propia
patronal.
7/6/2011
A central nacionalista logra sete dos nove delegados/as do comité en detrimento da UGT
A federación de Químicas e Enerxía da CIG logrou rematar con 20 anos de hexemonía da UGT na compañía porriñesa CZ Veterinaria ao acadar sete dos nove delegados/as do comité de empresa nas eleccións sindicais celebradas recentemente. A central nacionalista obtivo un total de 77 votos fronte aos 26 que sumou a candidatura presentada polo sindicato español, que até o de agora ostentaba os nove representantes.
30/3/2011
O propietario nega dereitos como a redución de xornada por coidado de fillos e impón labores impropias dos postos
A
CIG realizou esta mañá unha concentración de protesta diante da
gasolineira de Cepsa en Moreiras, no concello de Ponteareas, para
denunciar o acoso laboral ao que está sendo sometida unha
traballadora por parte do propietario de Suarsesa, compañía que
xestiona a estación de servizo. Daniel López Pereira, que posúe
outra área de repostaxe en Ribadavia, négalle dereitos básicos
como a redución de xornada para o coidade de fillos e trata de
denigrala impóndolle labores que non se corresponden co cometido dun
expendedor/a de combustíbel.