Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
O Porriño
19/1/2012 A CIG denuncia que as empregadas foron despedidas para seren substituídas por outras en peores condicións laborais
As cerca de 20 ex traballadoras do servizo de acompañamento escolar de Monbús afiliadas á CIG realizaron hoxe unha concentración diante do SMAC coincidindo cos actos de conciliación das demandas presentadas polas 30 empregadas despedidas en decembro pola empresa, que continuarán polo Xulgado do Social despois de que non se chegase a un acordo. Dende a central nacionalista denuncian que a compañía pontevedresa rescindiulles os contratos para substituílas por outras persoas en peores condicións laborais.
22/12/2011 Os traballadores/as concentráronse diante da sede da compañía en sinal de protesta
O persoal da empresa Establecementos Pérez Leirós do Porriño convocou recentemente unha nova xornada de folga para protestar contra o crecente deterioro da compañía, que adebeda varias pagas extraordinarias, ademais do salario de setembro a varias persoas, e de outubro en diante a todo o persoal.
9/6/2011 A xefa territorial de Relacións Laborais respondeu á petición por escrito dos sindicatos convocando unha reunión entre as partes
Os representantes da CIG, CCOO e UGT na mesa negociadora do convenio do sector de Mármores e Pedras de Pontevedra que se pecharon o luns pasado no cluster do granito no Porriño para esixir o desbloqueo das conversas decidiron hoxe a poñer fin á protesta despois de que a Xunta de Galiza se decidise a intervir. Horas despois de que os sindicalistas presentasen un escrito na delegación de Traballo en Vigo solicitando a súa colaboración para solucionar o conflito, a xefa territorial de Relacións Laborais comunicoulles por fax que o vindeiro martes están convocados a unha xuntanza coa patronal.
8/6/2011 Manteñen dende o luns un encerro nas instalacións da patronal para esixir o desbloqueo do convenio do Mármore e das Pedras
Os representantes da CIG, CCOO e UGT na mesa negociadora do convenio colectivo do sector de Mármores e Pedras de Pontevedra que permanecen dende o luns pechados no cluster do granito no Porriño para esixir o desbloqueo das conversas reclamaron hoxe a intervención da Xunta de Galiza no conflito. Ao mesmo tempo, denunciaron a actitude do Goberno galego, que horas despois do inicio do encerro enviou á Policía autonómica para o seu desaloxo, que non se produciu polas xestións da propia patronal.
7/6/2011 A central nacionalista logra sete dos nove delegados/as do comité en detrimento da UGT
A federación de Químicas e Enerxía da CIG logrou rematar con 20 anos de hexemonía da UGT na compañía porriñesa CZ Veterinaria ao acadar sete dos nove delegados/as do comité de empresa nas eleccións sindicais celebradas recentemente. A central nacionalista obtivo un total de 77 votos fronte aos 26 que sumou a candidatura presentada polo sindicato español, que até o de agora ostentaba os nove representantes.
30/3/2011 O propietario nega dereitos como a redución de xornada por coidado de fillos e impón labores impropias dos postos
A CIG realizou esta mañá unha concentración de protesta diante da gasolineira de Cepsa en Moreiras, no concello de Ponteareas, para denunciar o acoso laboral ao que está sendo sometida unha traballadora por parte do propietario de Suarsesa, compañía que xestiona a estación de servizo. Daniel López Pereira, que posúe outra área de repostaxe en Ribadavia, négalle dereitos básicos como a redución de xornada para o coidade de fillos e trata de denigrala impóndolle labores que non se corresponden co cometido dun expendedor/a de combustíbel.
12/3/2010 O persoal está a concretar un novo calendario de protestas para os vindeiros días
Os traballadores/as de Levantina (antigo grupo Graninter) continúan adiante co calendario de mobilizacións diante da sede desta firma no Polígono da Granxa, en O Porriño, para protestar pola pretensión da dirección da empresa de trasladar, forzosamente, a sete traballadoras/es de administración a Alacant. Este venres 12 de marzo está convocada unha concentración dende as 14 ás 14:30 horas e xa se estudan novas mobilizacións en contra do desmantelamento da factoría.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com