2/1/2012
A empresa impuxo unha sanción por unha infracción moi grave a un traballador por negarse a descargar un camión estacionado no medio da rúa, por onde circulan os vehículos
Delegados e delegadas da CIG desenvolveron esta mañá unha nova protesta en contra da persecución e acoso que Gadis está a realizar contra un membro do Comité provincial da Coruña e afiliado á central nacionalista. A empresa de distribución impuxo unha sanción por falta moi grave a este delegado, logo de negarse a realizar a descarga dun camión estacionado no medio da rúa que rodea a Praza de Lugo, e por onde circulan os vehículos.
13/10/2011
Este sábado 15 de outubro no salón de actos do edificio multiusos do Concello do Barco
A Unión Local da CIG de Valdeorras
organiza unha xornada sobre prevención de riscos laborais para
coidadores/as de persoas da terceira idade. A acción formativa
desenvolverase no salón de actos do edificio multiusos do Concello
do Barco este sábado día 15 de outubro entre as 9.30 e as 14.00
horas.
1/12/2010
Denuncian que unha práctica habitual na factoría é xogar ao descoido para que nos días que hai carencia de persoal se salten as normas de seguridade na realización dos traballos
A sección sindical da CIG en Alcoa vén de denunciar publicamente que a multinacional incumpre as medidas de seguridade laboral na área de Electrólise por falta de persoal. A central hai tempo que advirte dos problemas derivados de axustar o cadro de traballadores/as ao mínimo. Por iso, pedíronlle ao conxunto dos traballadores e traballadoras da fábrica que extremen as medidas de prevención e reclaman á empresa que cubra todas as necesidades de persoal que existan.
30/11/2010
A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de A Coruña denuncian un novo caso de incumprimento da normativa de prevención e saúde laboral
A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa de Correos en A Coruña veñen de denunciar publicamente o incumprimento da normativa en materia de prevención de riscos e saúde laboral por parte da empresa postal. Así, explican, un traballador tivo que ser trasladado en ambulancia e ingresado de urxencia nun centro hospitalario, ao reproducírselle unha importante lesión despois de ser obrigado por Correos a reincorporarse no seu posto de traballo. Esta incorporación , explica a representación do persoal, produciuse porque a empresa denegou a licencia por incapacidade temporal a este traballador, a pesar dos informes en contra dos especialistas e de estar en posesión da baixa laboral do seu médico de cabeceira.
30/3/2010
Impartiranse nos meses de abril e maio
Nos meses de abril e maio impartiranse dous cursos do Gabinete de Saúde Laboral en Valdeorras, un específico para a prevención para traballadores e traballadoras da lousa e outro xenérico de prevención de riscos laborais.
23/3/2010
O xoves 8 de abril, en horario de 9:30 a 14:00 horas
O vindeiro xoves 8 de abril terá lugar no Salón de Actos do edificio multiusos do Concello de O Barco de Valdeorras unha xornada técnica de identificación de riscos laborais e guía de boas prácticas na elaboración da pedra natural, organizada pola CIG.
13/1/2010
A CIG lamenta que sexa a administración pública a primeira en vulnerar a lexislación
A Inspección de Traballo vén de efectuar un requirimento á consellaría de Medio Rural en Ourense, polos incumprimentos en materia de prevención de riscos. A actuación inspectora produciuse logo dunha denuncia presentada pola CIG ante a actitude da consellaría, que ignorou as peticións e propostas da central sindical para que se cumprise a normativa.