18/6/2009
O prazo para a súa presentación rematou ás 9:30 horas do xoves 18 de xuño
A Comisión de Organización do V Congreso da
CIG reunida na mañá deste xoves día 18 de xuño, validou as catro candidaturas
presentadas para conformar a nova Executiva Confederal da central para os
vindeiros catro anos. O prazo de presentación remataba ás 9:30 horas deste
xoves día 18 e tras confirmar que todas cumpren os requisitos estatutarios son
consideradas xa oficiais.
28/11/2008
A intervención de Suso Seixo mereceu o aplauso unánime por parte dos asistentes
Unha representación da CIG, composta polo
Secretario Xeral, Suso Seixo e o Secretario Confederal de Formación Sindical,
Manuel Mera, estivo presente no XII Congreso
de ELA, que baixo o lema Langileekin, se celebrou o 26 e 27 de novembro no Palacio
Euskalduna de Bilbao. O XII Congreso, do que saíu elixido Alfonso Muñoz como
Secretario Xeral, significou o adeus a Jose Elorrieta, logo de 20 anos á fronte
do sindicato e o remate do que se deu en chamar a “terceira fase de ELA”.