Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
ELA
3/2/2012 Dende a central nacionalista denuncian que a patronal pretende limitar as negociacións de ámbito inferior
Un cento de delegados/as da limpeza da CIG-Servizos e do sindicato vasco ELA realizaron onte unha concentración de protesta en Madrid coincidindo coa reunión da comisión negociadora do convenio estatal. Dende a central nacionalista denuncian que a patronal pretende limitar as negociacións de ámbito inferior, como os convenios de empresa e os acordos de equiparación.
23/11/2011 O acto enmárcase na campaña de mobilizacións conxuntas convocada con outros sindicatos europeos
Varios centos de delegados e delegadas da CIG concentráronse este mediodía diante dos Consulados de Portugal en Vigo e Ourense en solidariedade coa folga xeral convocada no país veciño para este xoves 24 de novembro. Co acto desta mañá preténdese trasladar o apoio da clase traballadora galega ao paro promovido polas dúas principais centrais do país veciño, a CGTP/IN e a UGT, para denunciar as medidas de austeridade que se imporán á maioría social e que terán como consecuencia a recesión económica, o aumento da explotación e o empobrecemento xeneralizado da poboación.
19/10/2011 Acordan manter canles fluídas de comunicación e por abrir vías de colaboración entre as tres centrais sindicais
CIG, ELA e CGTP-IN mantiveron a semana pasada un encontro para avaliar as consecuencias que está a ter, nos respectivos países, a crise económica, o negativo impacto das medidas que veñen adoptando os distintos gobernos para enfrontala, valorar a contestación social e as alternativas defendidas por cada central sindical. A xuntanza, celebrada a instancias da CIG, concluíu co compromiso de manter unha comunicación fluída entre as tres organizacións, abrir vías de colaboración máis intensas e intentar confluír con mobilizacións similares.
5/4/2011 “Polo dereito a decidir as nosas condicións laborais e sociais”
Arredor de 6.000 persoas -entre as que participaron uns 1.500 delegados e delegadas da CIG- manifestáronse polas rúas de Madrid na mobilización convocada polas organizacións sindicais nacionalistas vascas ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE, HIRU, a catalá CSC, a canaria IC e a CIG, baixo o lema “Polo dereito a decidir as nosas condicións laborais e sociais”. No interior, VIDEO da intervención íntegra de Suso Seixo, secretario xeral da CIG.
22/3/2011 A central fretará autobuses para participar na manifestación convocada de xeito conxunto coa maioría sindical vasca e na que tamén estarán organizacións cataláns e canarias
A Confederación Intersindical Galega e a maioría sindical vasca (ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE e HIRU) van desenvolver unha manifestación o vindeiro 5 de abril en Madrid en contra das reformas do goberno (concretamente a reforma das pensións e da negociación colectiva) e na defensa do dereito a decidir nos propios territorios as condicións laborais e sociais. Na marcha agárdase que participen arredor de 3.500 delegados e delegadas de todas as organizacións sindicais, dos/as que uns 1.200 serán representantes sindicais da CIG.
1/12/2010 A fundación tamén publica o especial "México, a revolución anunciada"
A Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza fixo público o video da entrevista realizada o 19 de novembro a Adolfo Muñoz, secretario xeral do sindicato basco ELA, quen alertou do déficit democrático que ao seu xuízo está a provocar o pacto existente entre os partidos políticos con opción de gobernar e o gran capital e criticou o silenciamento das loitas sociais que se están a dar.
20/11/2010 Apostan pola mobiización nos diferentes países da UE para frear o deterioro das condicións laborais e sociais das traballadoras e traballadores
Organizacións sindicais de Euskal Herria, Chipre, Portugal, Italia e Bélxica participaron en Compostela nun encontro organizado pola CIG baixo o título “Europa: Crise económica e repostas sindicais”. Unha xornada na que se analizaron as características e impacto da crise nos respectivos países e as medidas adoptadas polos distintos gobernos para combatela. Os representantes das organizacións convidadas explicaron ademais a resposta que os sindicatos están a dar en cada país e avaliaron as medidas e a reacción das organizacións sindicais europeas CES (CSI) e EUROF (FSM) ás políticas que se están a adoptar.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com