16/6/2009
A empresa ofrece baixas voluntarias incentivadas con indemnizacións de 35 días por ano traballado
A CIG-Construción de Lugo solicou á dirección
de Ingemarga a retirada do expediente de regulación de emprego que afectaría a
máis 40% do persoal da fábrica de Guitiriz, logo de que máis de 55
traballadores/as se acollesen ás baixas voluntarias incetivadas propostas pola
empresa. Aínda que dende a CIG-Construción de Lugo reiteran que o ERE “non está
xustificado”, pedirán na próxima reunión coa dirección de Ingemarga o arquivo
do mesmo, xa que dos 64 traballadores afectados, só quedan 4 interesados en
manter o seu posto.
4/6/2009
Os traballadores/as secundan un paro de cinco horas na empresa
Os traballadores/as de Ingermarga aproveitaron
o paro de cinco horas convocado na fábrica de Guitiriz para sumarse a caravana
de automóbiles que percorreu á estrada que une este Concello con Lugo, nun novo
acto de protesta contra o ERE que a empresa pretende levar adiante. O persoal
secundou de xeito masivo o paro ao tempo que lamentou a falta de disposición da
empresa na negociación do expediente.
28/5/2009
Solicitan á administración que “mire con lupa” o ERE presentado pola empresa
Traballadores/as de Ingemarga concentráronse
na mañá do 27 de maio diante dos edificios da Xunta en Lugo en contra do ERE
presentado pola empresa e que suporá o despedimento de case a metade do persoal
da fábrica que o grupo vasco ten en Guitiriz. Practicamente a totalidade do cadro de
persoal, acompañado de representantes sindicais, secundaron a protesta a través
da que pretenden amosar o seu total rexeitamento ao expediente de regulación na
empresa e reiteraron que non van negociar “nin un só despedimento”.
26/5/2009
Rexeitan o ERE “inxustificado” presentado pola empresa e preparan novas mobilizacións
Os traballadores e as traballadoras de
Ingemarga concentraranse o vindeiro mércores 27 de maio ás 12:00 horas diante do edificio
administrativo da Xunta en Lugo como medida de protesta contra o ERE presentado
pola empresa e que afectará a máis do 40% do cadro de persoal da planta de
Guitiriz. A medida enmárcase dentro do calendario de mobilizacións establecido
polos traballadores/as que tamén secundarán paros parciais na fábrica e teñen
previsto desenvolver unha manifestación o vindeiro 13 de xuño.
19/5/2009
A CIG-Construción de Lugo sinala que o expediente “non se xustifica” e avanza que a medida faría a empresa inviábel
A dirección de Ingemarga presentou aos
representantes dos traballadores un expediente de extinción de emprego par 64
dos seus 160 obreiros, alegando causas de produción, técnicas e organizativas.
Pola súa banda, o responsábel da CIG-Construción en Lugo, Antonio Niño, sinalou
que non atopan xustificación ao ERE, especialmente porque “unha empresa desta
envergadura non ten futuro con tan pouco persoal”.
14/5/2009
A empresa aínda non presentou os termos do expediente de regulación mentres mantén o despedimento de 16 obreiros
Os traballadores e traballadoras de Ingemarga
desenvolveron o 14 de maio a xornada de folga de 24 horas convocada en contra
do despedimento de 16 obreiros da fábrica situada en Guitiriz. O paro estivo
marcado polo anuncio da dirección da empresa de que vai presentar un expediente
de regulación de empresa, aínda que non se concretaron os termos do mesmo nin a
canto persoal afectará. O responsábel da CIG-Construción na comarca de Lugo,
Antonio Niño, explicou que o vindeiro martes 19 a empresa convocou ao Comité a
unha xuntanza na que entregará toda a documentación.
8/5/2009
Tamén desenvolverán paros parciais na fábrica
O persoal de Ingemarga acordou secundar unha
xornada de folga de 24 horas o vindeiro xoves 14 de maio como resposta ao
despedimento de 16 traballadores na empresa de Guitiriz, aos que hai que
engadirlle outros seis empregados dunha canteira do grupo e outras dúas persoas
destinadas aos almacéns. Así mesmo, a asemblea de traballadores/as decidiu
acudir á paros parciais se Ingemarga non readmite aos despedidos.