16/12/2011
Mantiveron un encontro con membros da Executiva comarcal, a Secretaria Confederal de Muller e o presidente da Fundación Moncho Reboiras
Os locais da CIG na Coruña recibiron este venres a visita de Isabel Rauber, Gonzalo Gómez e Aramita Padrino que, aproveitando a súa estadía no noso País, mantiveron un encontro con membros da Dirección comarcal da central sindical, representantes da Executiva Confederal e da Fundación Moncho Reboiras-Fesga para intercambiar opinións e puntos de vista sobre a realidade económica, social e política de Galiza e Latinoamérica.
26/5/2009
Martes 26 ás 18:30 horas encontro cos movementos sociais e ás 20:00 horas conferencia na Faculdade de Económicas
Este martes 26 de maio, Walden Bello, un dos maiores expertos no mundo en modelos económicos alternativos e estratexias fronte á crise, ofrecerá unha conferencia en Compostela convidado polo Foro Social Galego. O acto terá lugar a partir das 20:00 horas na Faculdade de Económicas, non obstante, ás 18:30 horas Bello manterá unha conversa cos movementos sociais galegos, arredor das estratexias a seguir fronte á crise global.
7/12/2008
A CIG valora positivamente a participación no FSGal porque supón “pór a Galiza no proceso do Foro Social Mundial”
A Asemblea de Movementos Sociais celebrada no Auditorio de Galiza puxo o punto e final ao primeiro Foro Social Galego co compromiso de buscar liñas de acción para o ano 2009. No plenario, desenvolvido á marxe do propio Foro e incentivado polos movementos sociais presentes, púxose de manifesto a necesidade de tomar medidas factíbeis para loitar contra o modelo neoliberal dende a propia Galiza e apostouse por continuar o traballo no Consello do Foro.
6/12/2008
A secretaria de CIG-Muller participa nun debate sobre o modelo neoliberal no marco do Foro Social Galego
“O neoliberalismo en crise: cara onde vai o sistema”, foi o epígrafe baixo o que Maricarme López Santamariña, Xabier Macías, Xavier Vence e Antonio Domenech puxeron sobre as mesas de debate do FSGal a actual situación económica que se vive a nível internacional e cales poden ser os camiños que tome o sistema en función dos axentes que teñan capacidade para impulsar modelos alternativos. Neste marco, a Secretaría de Muller da CIG introduciu no debate a perspectiva de xénero, posto que "a crise prexudica por partida dobre ás mulleres".
6/12/2008
Denuncian o “falso vitimismo” de certos sectores sociais “antinormalizadores”
A CIG e a Mesa pola Normalización Lingüística defenderon, no espazo de debate que se celebraba esta mañá no FSGal baixo o epígrafe “Manifesto e iniciativas a prol da oficialidade plena do galego”, a necesidade de pular pola plena normalización do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma. Ambas organizacións explicaron o labor que están a desenvolver nas súas respectivas áreas de traballo e rexeitaron o “falso vitimismo” daqueles que están en contra de que se potencie o uso da nosa lingua.
5/12/2008
Baixo o lema “Pensar e construír alternativas desde Galiza”
O Foro Social Galego arrincou esta tarde coa aspiración de se converter, durante toda a fin de semana, nun espazo aberto e de debate democrático de ideas, de afondamento da reflexión, formulación de propostas, intercambio de experiencias e artellamento de movementos sociais, redes, ongs e outras organizacións da sociedade civil que se opoñen ao neoliberalismo e ao asoballamento das persoas polo capital e que denuncien calquera forma de capitalismo.
2/12/2008
A central contará cun espazo propio na Carpa dos Movementos Sociais
O Foro Social Galego, que
por primeira vez se vai celebrar na Galiza, entre o 5 e 7 de decembro, conta xa
con máis dun centro de adhesións de colectivos sociais e persoas a título
individual. A CIG vai ter unha presenza activa neste encontro a través da
organización de actividades, asistencia ás sesión plenarias e coa colocación
dunha caseta propia na Carpa dos Movementos Sociais.