Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
O voto no SIM na Escócia soltaria a mais perigosa das coisas: a esperança
15/09/2014George Monbiot
Se a Escócia se tornar independente, sê-lo-á apesar dos esforços de quase todo o establishment do Reino Unido. Sê-lo-á porque os meios de com...
Ucrânia: O empréstimo do FMI, sob a nova guerra fria
15/09/2014Michael Hudson
O apoio dos EUA e do FMI parece destinar-se a ajudar a reduzir a dependência europeia do gás russo de modo a espremer sua balança de pagamentos....
Alucinações bélicas
15/09/2014Jorge Cadima
O Estado-Maior da guerra imperialista, a NATO, realizou uma Cimeira há poucos dias. O extenso comunicado final da Cimeira é alucinante. O ataque ...
Independência da Escócia: Romper o decadente Estado britânico
11/09/2014Tariq Ali
O notável crescimento do movimento pró-independência é o resultado do desmantelamento do Estado Social feito por Thatcher, com os aplausos e a ...
UE, um modelo de capitalismo dependente
11/09/2014Vaz de Carvalho
Os tratados da UE e o euro são o culminar de um processo de relações de capitalismo dominado face a um centro dominante, em que são estabelecid...
Obama, a máscara do fariseu
05/09/2014Miguel Urbano Rodrigues
despedidos
3/7/2014 A CIG-Industria denuncia que a mutua se negou a atender a un deles, afiliado da CIG, cando foi solicitar a última baixa
Esta mañá celebrábase diante de INOSA, unha empresa do polígono de Sabón, unha concentración en demanda da readmisión de dous traballadores que foron despedidos mentres estaban de baixa por enfermidade laboral. A CIG-Industria considera que se trata dun caso de represión sindical, porque era coñecido pola empresa que un deles é afiliado do sindicato. Denuncia ademais o papel da Mutua, que estivo durante un ano dificultando as baixas do traballador e que, nin sequera o quixo atender cando colleu a última baixa.
11/10/2013 A Xunta leva gastados en concepto de salarios, a estas alturas, 400.000 euros mantendo á xente na casa
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de emitir sentenza pola cal se reitera a nulidade dos despedimentos de traballadoras e traballadores da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). A CIG considera que deste xeito queda constatado o despilfarro de cartos públicos ao manter a estas persoas na casa, cobrando e sen traballo efectivo, só para eludir as sentenzas que obrigaban á readmisión deste persoal.
17/12/2010 O Comité Interempresas demanda ademais, da CRTVG, que se respecten os dereitos laborais do persoal afectado polos traslados forzosos e a modificación ilegal dos horarios
Preto de medio centenar de traballadores e traballadoras afectados polo peche das delegacións da Radio Galega e a Televisión de Galicia, concentráronse este xoves 16 de decembro diante da Consellaría de Presidencia, en San Caetano, convocados polo Comité Interempresas da CRTVG, para reclamar a readmisión dos compañeiros e compañeiras despedidos e en defensa dos dereitos laborais do persoal afectado polos traslados forzosos e a modificación ilegal dos horarios.
8/6/2009 Reclaman a readmisión do persoal despedido e unha reunión coa administración para coñecer o futuro da empresa pública
Traballadores e traballadoras de SEAGA levaron a cabo novas accións de protesta nas delegacións do Medio Rural previas á folga e manifestación convocadas o vindeiro xoves 11 de xuño. O persoal quere amosar deste xeito o rexeitamento ao despedimento de 150 compañeiros/as nos últimos meses e reclamar solucións a situación de precariedade que padecen así como coñecer cal vai ser o futuro da empresa pública.
8/5/2009 Colapsaron a peaxe da AP-9 ao pagar con moedas de céntimos
Os traballadores e traballadoras de Valoriza Conservación de Infraestructuras, filial de Sacyr que se encarga do mantemento da AP-9 e a A-57, decidiron volver ás mobilizacións contra o despedimento de doce traballadores nesta empresa, e o xoves 7 de maio levaron as súas protestas ao lugar no que traballan, a peaxe de Rande, onde pagaron con moedas de céntimos, colapsando esta vía. O venres retomarán estas accións.
5/12/2008 Miguel Vázquez, afiliado da CIG foi despedido o 17 de novembro
Perto de setenta delegados da CIG Metal, asi como outros compañeiros e compañeiras da central sindical nacionalista, estiveron presentes na concentración fronte a empresa de transformación do metal Ahitosa, que durante máis dunha hora berraron contra a represión sindical e pola readmisión dos despedidos nesta empresa. Esta é só a primeira das mobilizacións que se van levar adiante, nunha campaña da CIG-Metal en Ourense contra a represión sindical nesta empresa e polo emprego con dereitos.  
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com