5/11/2009
Organizada por Fesga, o vindeiro venres 6 de novembro, ás 20:00 horas no Salón de Actos da CIG de Vigo
O vindeiro 6 de novembro ás 20:00 horas, no Salón de Actos da CIG, en Vigo, na rúa Gregorio Espino, Leonardo Batalla, membro do Departamento de Relacións Internacionais do PIT-CNT e integrante do Grupo Coordenador do Encontro Sindical Nossa América, dará unha conferencia-coloquio sobre a situación política e social no Uruguai, informando ademais sobre a actualidade da articulación continental do sindicalismo de clase e dos movementos populares na América Latina.
5/12/2008
Todas as correntes internas consensuaron unha única lista para os órganos de dirección
Coa asistencia de
907 congresistas titulares e arredor de 300 suplentes sen dereito a voto,
celebrouse en Montevideo o X Congreso do PIT-CNT, que levou o nome de dous
dirixentes recentemente falecidos: José D‘Elia e Hugo Cores. A práctica
totalidade do sindicalismo uruguaio está integrado no PIT-CNT, que non é unha
central sindical en sentido estrito, senón unha estrutura híbrida que oscila
entre a coordinación sindical e a dirección executiva.