17/6/2013
A CIG-Ensino denuncia que é ilegal e que amosa así unha “falta de seriedade impropia dunha administración pública”
A Consellaría de Educación vén de enviar aos centros que teñen comedor
escolar xestionados directamente por ela unha instrución da Secretaría Xeral
Técnica -con data 14 de xuño- sobre o funcionamento dos comedores escolares que
está baseada nunha normativa que aínda
está sen publicar pola propia Consellaría.
14/6/2013
Piden a solidariedade das veciñas e veciños de Compostela para que non merquen pan mentres continúe o paro
As traballadoras e traballadores de Moure Pan
S.L secundaron ao 100% a segunda xornada de folga sen que desde a empresa se
intentara manter contacto algún para falar, cando menos, das expectativas que
hai de que poidan cobrar os xa catro meses que acumulan en nóminas impagadas. Esta
mañá concentráronse diante da nave do polígono do Tambre e mañá sábado
concentraranse, ás 11:30 horas, diante do despacho de Basquiños.
14/6/2013
Os actos desenvolvéronse en diferentes nas cidades en vilas do país na tarde deste xoves 13 de xuño
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público desenvolveu en Santiago, A
Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Carballo, Cee e Vila de Cruces
novos actos públicos en contra da aprobación da LOMCE. En Ferrol estas
mobilización slúdicas, con música e textos no que se amosa o rexeitamento da
comunidade educativa da sociedade no se
conxunto á LOMCE, serán o 18.
12/6/2013
A CIG-Ensino considera que responde a criterios políticos e non técnicos
A CIG-Ensino denuncia que a consellaría de Educación vén de designar a
dedo presidente dun Tribunal de
Oposición ao Corpo de mestres o portavoz do PP do Concello da Pontenova, Jorge
García García. A CIG-Ensino advirte que no nomeamento de presidentes e
presidentas de tribunais que van xulgar o proceso selectivo de acceso ao corpo
de mestres e mestras aparece, como presidente do Tribunal nº 2 de Inglés de
Lugo, o actual portavoz do PP no Concello da Pontenova.
11/6/2013
Haberá lectura de textos e actuacións musicais este xoves 13 de xuño en Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vilagarcía
A Plataforma Galega en
Defensa do Ensino Público organiza novas accións de protesta contra
a Lomce en distintas localidades do país este xoves 13 de xuño.
Nesta ocasión trátase de actos comarcais nos que haberá actuacións
musicais, lectura de textos e outras accións e que se desenvolverán
en Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vilagarcía.
7/6/2013
A CIG-Ensino defende que o sistema vixente até o de agora non creaba ningún problema e resultaba máis áxil que o aprobado
A Consellaría de Educación vén de modificar a
normativa que regula a elección de libros de textos no ensino e o protocolo
para poder aprobar cambios. As modificacións afectan tamén as etapas de Infantil
e 1º ciclo de Primaria. Etapas nas que até o de agora se permitía unha maior
flexibilidade. A CIG-Ensino defende que o sistema vixente para estas etapas non
creaba ningún problema e resultaba máis áxil que o que se vén de aprobar.
5/6/2013
Parodiaron o conselleiro de Educación, o ministro Wert, a igrexa e a patronal da privada representando un xuízo no que exixiron a retirada da LOMCE
Membros da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público protagonizaron
este mércores, 5 de xuño, diante da
Consellaría de Educación en San Caetano, unha nova mobilización en
contra da LOMCE que neste caso consistiu na representación dun xuízo que
rematou coa apertura dun expediente disciplinario ao Ministro Wert habida conta do seu “maltrato ao ensino público” e coa súa expulsión do
Sistema Educativo.