10/2/2012
A CIG convoca unha asemblea de traballadoras e traballadores, este sábado ás 11:30 horas en Compostela
O Xerente do Consorcio Galego de Servizos de
Igualdade e Benestar, nunha reunión coas delegadas e delegados, anunciou a
integración do organismo na Axencia Galega de Servizos Sociais. O proceso de
integración faríase en dúas fases: primeiro os Servizos Centrais e as Escolas
Infantís (Galiñas Azuis) e, despois a Área de Benestar. A CIG denuncia que todo
isto está previsto que se faga sen garantir, en ningún momento, os postos de
traballo do persoal do ente, unha vez finalizado o proceso de integración.
3/2/2012
Estes días cumprirase un mes de atraso no cobro do primeiro trimestre
A CIG
Ensino denuncia que a Consellaría
de Educación aínda non pagou as cantidades asignadas aos colaboradores dos comedores
escolares xestionados pola Consellaría de Educación, nin ao profesorado que
coordina o servizo. Nestes días cumprirase un mes de atraso no pagamento
correspondente ao primeiro trimestre, é dicir, este persoal non cobrou
nada desde o inicio do curso, e moitas veces esta actividade xéralle gastos.
1/2/2012
Louzao denuncia que a reforma do sistema educativo proposta polo PP contén medidas “reaccionarias, clasistas e segregacionistas”
A consellaría de Educación anunciaba, na mesa sectorial celebrada onte, que
non vai a haber oferta de emprego público para o ensino, no ano 2012. Ante esta
decisión, a CIG-Ensino convocaba, esta mañá, unha concentración en San Caetano.
Segundo o seu secretario nacional, Anxo Louzao, esta medida responde á decisión
do PP, a nivel de estado, de recortar o ensino público e, en consecuencia,
diminuír o profesorado. Louzao denunciou ademais a “desleixo absoluto da
consellaría, das súas competencias plenas nesta materia” e alertou do que
suporá canto á perda de calidade do ensino público.
31/1/2012
A CIG Ensino denuncia que a consellaría non efectuou o pagamento da totalidade dos proxectos de fomento do uso do galego
A CIG
Ensino vén de denunciar que a Consellaría de Educación aínda
non realizou o pagamento da totalidade das axudas concedidas a centros públicos
para a realización de proxectos de fomento do uso do galego, correspondentes ao
curso 2010-2011, e esixe o inmediato pagamento.
27/1/2012
A central sindical critica que a Consellaría se inhiba das súas competencias en materia educativa, pregándose as imposicións do Goberno de Madrid
A CIG-Ensino esixirá, na Mesa Sectorial do vindeiro 31 de xaneiro, a convocatoria da oferta de emprego público, unha convocatoria absolutamente necesaria para manter a atención educativa nos centros e para crear emprego. A conxelación da oferta significaría que non se cubrirían as xubilacións que se están a producir neste curso, sumadas ás que xa se produciron o ano pasado e que non foron cubertas, o que se traduciu nun déficit de máis de mil docentes no mesmo inicio do curso.
26/1/2012
Pola vía orzamentaria esta orde impide a realización de actividades de normalización durante todo o primeiro trimestre de curso
A CIG Ensino
denuncia que a Consellaría de Educación se reafirma na supresión progresiva da
normalización lingüística nos centros educativos. A convocatoria de axudas a
centros público para a realización de proxectos de fomento do uso do galego,
promovidos polos equipos de dinamización lingüística e polo profesorado
responsable do proxecto naqueles centros de ensino de menos de tres unidades,
durante o curso escolar 2011-2012, sofre unha redución orzamentaria do 69%
respecto da convocatoria dos cursos 2009-2010 e 2010-2011 e do 75% respecto do curso
2008-2009.
25/1/2012
Exixiron, ademais, o inicio das negociacións para a integración do persoal laboral do Consorcio no V Convenio do Persoal Laboral da Xunta de Galiza
O pasado 17 de
xaneiro, o Consorcio Galego de Benestar e Servizos Sociais iniciaba a carreira
privatizadora das escolas infantís “Galiña Azul”, coa publicación no DOG da
privatización da xestión da escola infantil de Monteporreiro, en Pontevedra. A
partir desa data, sucedíanse os anuncios de licitación da xestión privada
doutras escolas infantís: Betanzos, Carballo, O Pino, Coristanco. Para
manifestar a súa rotunda oposición a este proceso de privatización, delegadas e
delegados de CIG-Ensino concentrábanse esta mañá, diante do edificio do
Consorcio.