9/3/2011
A central nacionalista chama a dar a batalla na defensa dos dereitos, por unhas condicións dignas de traballo e no camiño cara a un novo modelo económico e social
A Confederación Intersindical Galega celebrou este mércores a quinta edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega no marco dun acto de confraternidade. Nesta edición, a central sindical recoñeceu á loita das traballadoras e traballadores de Ecourense na defensa dos dereitos e liberdades sindicais e destacouse o conflito vivido nesta empresa como exemplo de solidariedade entre a clase obreira. Así mesmo, as loitas do persoal de Alfageme polos seus empregos e a dos/as traballadores/as das instalacións deportivas na consecución dun convenio propio recibiron unha mención especial.
11/3/2009
Os delegados e delegadas de Cedonosa, Ingemarga e Ferroatlántica recibiron un recoñecemento especial pola súa loita
Os traballadores e
as traballadoras de ATENTO foron os galardoados na III edición do Premio do Día
da Clase Obreira Galega, co que a CIG quere recoñecer a loita levada a cabo polo persoal desta empresa durante o ano
pasado. O premio tamén pretende ser unha homenaxe a todos os/as
traballadores/as do telemárketing, un sector especialmente precarizado e vítima
constante dos procesos de deslocalización. Así mesmo, fíxose unha especial
mención a labor desenvolta polas seccións sindicais de Cedonosa, Ingemarga e
Ferroatlántica.
10/3/2009
Nun acto de confraternidade o mércores 11 de marzo en Compostela
A Confederación Intersindical Galega vai desenvolver este mércores, día 11 de marzo, a III Edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega, cun xantar de confraternización ao que están convidados, ademais de representantes sindicais, representantes de diversas asociacións, entidades e persoeiros da vida cultural, política e económica de Galiza.
5/3/2008
Xosefa Baamonde, histórica da CIG-Ensino, foi homenaxeada polo seu compromiso inquebrantábel coa educación en galego
Os traballadores da Construción da provincia de Pontevedra, protagonistas da principal mobilización desenvolvida en 2007, foron os galardoados na segunda edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega, que celebrou a CIG o 4 de marzo nunha gala en Compostela á que asistiron 200 persoas, entre sindicalistas da central e representantes de organizacións políticas, culturais e sociais do país.
4/3/2008
Trátase de recoñecer a loita sindical que sobresaíra no ano anterior
A Confederación Intersindical Galega celebra, este martes día 4 de marzo, a II Edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega, cun xantar de confraternización, a actuación de ‘Mini e Mero’ e a intervención do secretario xeral da CIG, Suso Seixo. Ao acto están convidados, ademais de representantes sindicais, representantes de diversas asociacións, entidades e persoeiros da vida cultural, política e económica de Galiza.